Villa Florentina

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Villa Florentina
CoordenadasCoordenadas: 43°17′14″N 8°18′12″O / 43.287124644815, -8.3034095307912
CidadeCecebre (Cambre)
TipoCasa museo
AdministradorFundación Wenceslao Fernández Flórez
Na rede
https://www.fundacionwenceslaoff.com/casamuseowenceslao
editar datos en Wikidata ]

Vila Florentina[1] é unha casa situada na parroquia de Cecebre do concello de Cambre, onde viviu o escritor Wenceslao Fernández Flórez, e que hoxe é a sede da Fundación Wenceslao Fernández Flórez.

Características[editar | editar a fonte]

Trátase dunha edificación deseñada polo arquitecto Antonio Tenreiro Rodríguez que responde ao racionalismo propio de finais da década de 1940. Actualmente, mantendo a estrutura da vivenda e o mobiliario orixinal, é unha casa museo que alberga unha ampla colección de pinturas, fotografías, fondos bibliográficos e obxectos persoais do escritor. Ademais do seu uso museístico, Vila Florentina ofrece diversas actividades culturais organizadas pola Fundación Wenceslao Fernández Flórez, así como rutas literarias que dan a oportunidade de visitar distintas contornas da fraga de Cecebre.[2]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Casa museo". Fundación Wenceslao Fernández Flórez. 
  2. Casa Wenceslao Fernández Flórez. Deputación da Coruña.