Pazo de Arretén

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Falta algunha imaxe que ilustre o artigo
 Este artigo non contén imaxes. Pode axudar cargando imaxes, na Galipedia ou na Wikimedia Commons, relacionadas co contido do artigo, ou incluíndo unha xa existente.
 Debe ter en conta as políticas de uso de imaxes e o respecto polos dereitos de autoría.

Coordenadas: 42°44′46″N 08°38′47″O / 42.74611, -8.64639

Pazo de Arretén
Concello Padrón
Provincia Provincia da Coruña
Comunidade Galicia
Estilo arquitectónico
Estilo orixinal ( s. XVI )
Estilo actual s. XVII
Estado actual Reformado [1]
Véxase tamén
Pazos de Galicia

O pazo de Arretén, coñecido como Casa Grande, é un pazo situado no lugar de Arretén, parroquia de Iria Flavia, concello de Padrón, de titularidade privada, no que viviu a escritora galega Rosalía de Castro.[2][3]

Descrición[editar | editar a fonte]

Ô PAZO D'A...

   Ô pe d'o monte, maẍestuoso erguíase N'aldea escura o caseron querido,

— Rosalía, "¡Do íntimo!", Follas novas, 1880.

Contruído no século XVI pola familia fidalga dos Bermúdez de Castro, na Casa Grande de Arretén naceu o 24 de novembro de 1804 Teresa da Cruz de Castro e Abadía, nai de Rosalía. A construción foi vendida pouco despois da morte de Xosé María, irmán de Teresa e último propietario da familia Castro.[4]

28.

   E tamen vexo enloitada
D' Arretén á casa nobre
Dond' á miña nay foy nada!

— Rosalía, Cantares gallegos, 1863.

En xullo de 1936, no contexto do Alzamento nacional, foi o escenario dun asalto por parte de sindicalistas.[5]

As 6.5 hectáreas de terreo adícanse maioritariamente ao cultivo de viña albariña (Denominación de Orixe Rías Baixas, subzona Ribeira do Ulla).[6]

Na cultura popular[editar | editar a fonte]

O pazo aparece mencionado nas novelas A memoria da choiva (2013), de Pedro Feijoo,[7] e A dama da noite (2014), de Xavier Seoane.[8]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. C.B. (27/2/2008). "Patrimonio estudia las medidas para reparar el pazo de Arretén". El Correo Gallego (en español). 
  2. March, K. (2005). "Castro, Rosalía de". GEG. ISBN 84-87804-88-8. 
  3. Roteiros[sic] Consello da Cultura Galega.
  4. "Arretén". GEG. 2005. ISBN 84-87804-88-8. 
  5. Borobó, 14/9/2000, pp. 78-79.
  6. Adega Pazo de Arretén
  7. Feijoo, P. (2013). A memoria da Choiva. Xerais. ISBN 978-84-9914-570-9. 
  8. Seoane, X. (2014). A dama da noite. Laiovento. ISBN 978-84-8487-241-2. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Borobó (14/9/2000). "O asalto ó pazo de Arretén". O novelo dos anacos e outros exemplos (2000-2001). USC (publicado o 2002). pp. 78–79. ISBN 84-9750-123-3. 

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]