Jesús Villamor Calvo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaJesús Villamor Calvo
Biografía
Nacemento16 de decembro de 1947 Editar o valor em Wikidata (76 anos)
Padrón, España Editar o valor em Wikidata
Alcalde
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Jesús Villamor Calvo, nado en Padrón o 16 de decembro de 1947,[1] é un político galego do PPdeG.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Industrial hostaleiro. Foi o candidato do PPdeG á alcaldía de Padrón por vez primeira nas eleccións municipais de 1983 e foi elixido alcalde como cabeza da lista máis votada, con 4 concelleiros[2]. En 1987 foi reelixido cunha ampla maioría absoluta de 13 concelleiros de 17. Nas sucesivas convocatorias electorais que tiveron lugar ata 2003 revalidou a alcaldía con maioría absoluta, se ben foi perdendo progresivamente apoios ata que nese último ano a logrou de forma moi axustada[3]. Presentouse ás eleccións municipais de 2007,[4] nas cales o candidato do PSdeG-PSOE, Camilo Forján Seoane, lle arrebatou a alcaldía. Tras pasar á oposición comezou a traballar na empresa privada e retirouse da política ao final do mandato[Cómpre referencia]. Entre 2005 e 2006 foi conselleiro da empresa Xestión Urbanística da Coruña.[5] En canto ás súas afeccións destaca o golf.


Predecesor:
Eduardo Otero González
 
Alcalde de Padrón
 
1983 - 2007
Sucesor:
Camilo Forján Seoane

Notas[editar | editar a fonte]

  1. La Voz de Galicia, Santiago, 16-4-2006, p. 9.
  2. "HEMEROTECA La accidentada llegada de Jesús Villamor Calvo a la alcaldía de Padrón". web.archive.org. 2016-06-29. Archived from the original on 29 de xuño de 2016. Consultado o 2019-07-08. 
  3. [1]
  4. "El PP de Padrón presentará esta noche a Jesús Villamor Calvo como su candidato". www.elcorreogallego.es. 26 de xaneiro de 2007. Arquivado dende o orixinal o 08 de xullo de 2019. Consultado o 8 de xullo de 2019. 
  5. "Actos inscritos de XESTION URBANISTICA DE A CORUÑA SA en BORME". www.infocif.es. Arquivado dende o orixinal o 08 de xullo de 2019. Consultado o 8 de xullo de 2019. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]