Feira de Padrón

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Parque onde ten lugar a feira cada domingo

A Feira de Padrón é un mercado ou feira celebrado no casco urbano da capital do concello de Padrón, na provincia da Coruña.

Ten lugar todos os domingos do ano desde as 9 horas da mañá ata as 15 horas da tarde.

Produtos[editar | editar a fonte]

Nesta feira pódense atopar desde produtos de alimentación ata animais, pasando por roupa, calzado e artesanía. Non faltan por suposto os pementos de Padrón, típicos da zona.