Camilo Forján Seoane

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaCamilo Forján Seoane
Biografía
Nacemento3 de febreiro de 1954 Editar o valor em Wikidata (70 anos)
Pazos de Iria, España Editar o valor em Wikidata
Alcalde de Padrón
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónmestre , político Editar o valor em Wikidata

Camilo Forján Seoane, nado en Pazos de Iria (Iria Flavia, Padrón) o 3 de febreiro de 1954, é un mestre e político galego do PSdeG-PSOE.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Estudou o bacharelato no Colexio Libre Adoptado Salas Pombo e logo fixo Maxisterio. Exerceu como mestre de Ciencias Sociais en Frións (Ribeira), Padrón, Muxía e no CPI Eusebio Lorenzo Baleirón de Dodro. Formou parte da candidatura do PSdeG-PSOE en Padrón en 1991, se ben non resultou elixido. Foi concelleiro socialista en Padrón tralas eleccións municipais de 1995 e de 1999, nas que foi o número 3 e 2 da candidatura encabezada por Julio Martín García. Foi o candidato do PSdeG-PSOE nas municipais de 2003, pasando de 2 a 3 concelleiros, reforzándose como a principal forza da oposición ao goberno do PPdeG. Nas municipais de 2007 volveu encabezar a lista do PSdeG-PSOE, mantendo 3 concelleiros e subindo votos. Trala contundente perda da maioría absoluta do PPdeG foi elixido alcalde en coalición coa formación independente CIPa, e co apoio do BNG e do Partido Galeguista na investidura[1].

Nas municipais de 2011 perdeu a alcaldía en favor do PPdeG, pese a mantela súa representación con 3 concelleiros, debido ao desplome do seu socio de goberno e quedar sen opcións de pacto, polo que o candidato conservador Antonio Fernández Angueira asumiu a alcaldía como forza máis votada. Encabezou de novo a candidatura socialista nas municipais de 2015 pasando a 2 concelleiros. Se ben se estudou un acordo de goberno alternativo ao PP, finalmente este volveu a asumila alcaldía en minoría. A finais de 2016 estudiouse a presentación dunha moción de censura que o devolvería á alcaldía, pero dita operación tampouco fructificou. Encabezou de novo a candidatura do PSdeG nas municipais de 2019 e conseguiu dobrala súa representación ata os 4 concelleiros, o mellor resultado da historia do partido en Padrón, se ben sigueu formando parte da oposición dado que o PPdeG logrou a maioría absoluta.


Predecesor:
Jesús Villamor Calvo
 
Alcalde de Padrón
 
2007 - 2011
Sucesor:
Antonio Fernández Angueira

Notas[editar | editar a fonte]

  1. La Voz de Galicia, Santiago, 17-6-2007, p. 6.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]