A Escravitude, Cruces, Padrón
| A Escravitude | |
|---|---|
Estrada N-550 ao seu paso pola Escravitude | |
| Parroquia | Cruces |
| Concello | Padrón |
| Coordenadas | 42°47′01″N 8°39′01″O / 42.783611, -8.650278 |
| Poboación | 89 hab. (2013) |
| [ editar datos en Wikidata ] | |
A Escravitude é un lugar da parroquia de Cruces, do concello coruñés de Padrón, na comarca do Sar. Segundo o padrón municipal (INE 2013) ten 89 habitantes (47 homes e 42 mulleres), o que supón unha diminución respecto a 2006, cando tiña 101 habitantes.
Toponimia
[editar | editar a fonte]
O topónimo A Escravitude débese á presenza no lugar do santuario da Nosa Señora da Escravitude, do século XVIII.
Comunicacións
[editar | editar a fonte]Polo lugar pasa a vía portuguesa do Camiño Xacobeo, ao longo da estrada N-550. Ao seu carón discorre a liña de ferrocarril que une A Coruña e Vigo, e ata 2015 tivo servizo a estación da Escravitude.
A Escravitude na cultura popular galega
[editar | editar a fonte]- Alá vai Esclavitú:/ Déixame ir, que meto un grito;/ quero as orellas do burro/ pra faguer un abanico [1].
- O crego de Escravitude/ leva a criada na burra,/ na primeira carballeira/ dalle unha sacudidura [2].
Lugares e parroquias
[editar | editar a fonte]Lugares de Cruces
[editar | editar a fonte]| Lugares da parroquia de Cruces no concello de Padrón (A Coruña) | |
|---|---|
|
A Abelina | A Angueira de Suso | O Areal | A Baiuca | Bascuas | Cruces | A Escravitude | O Loureiro | Os Muíños | O Pedroso do Norte | O Pedroso do Vendaval | A Picaraña | Prada | Queiruga | Tarrío | Vigo | O Vilar |
Parroquias de Padrón
[editar | editar a fonte]| Galicia | Provincia da Coruña | Parroquias de Padrón | |
|---|---|
|
Carcacía (San Pedro) | Cruces (Santa María) | Herbón (Santa María) | Iria Flavia (Santa María) | Padrón (Santiago) |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Xaquín Lorenzo Fernández: Cantigueiro popular da Limia Baixa 1973, 35. No orixinal: Deixame. A Escravitude, lugar da parroquia de Cruces, do concello de Padrón.
- ↑ Fermín Bouza Brey: "Cantigas populares da Arousa", en Arquivos do Seminario de Estudos Galegos III, 1929, 153-204 [en facsímile II], 195. No texto: Esclavitude.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- BOUZA BREY, Fermín: "Cantigas populares da Arousa", en Arquivos do Seminario de Estudos Galegos III, 1929, 153-204.