José de la Hermida

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
José de la Hermida
Falecemento13 de maio de 1913
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónescritor
editar datos en Wikidata ]
José de la Hermida, sentado.

José de la Hermida Castro Pazos de Probén, finado en Padrón o 13 de maio de 1913[1], foi un escritor e político galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Pazo de Hermida.

Fillo de Gregorio Antonio de Hermida, propietario do Pazo de Hermida, e curmán de Rosalía de Castro e sobriño do historiador Jose Verea de Aguiar e Hermida. Foi republicano e librepensador. Instalouse en Madrid pero regresou a Padrón antes da Revolución de 1868. Publicou en Padrón o periódico El Libertador. Colaborou en El Motín e Las Dominicales del Libre Pensamiento. Publicou os opúsculos Expansión político-libre pensadora (1887), ¿Fue el cristianismo un progreso? (1892), Cuba (1892), Sobre el universitario abismo e ¡Leed estudiantes! (1910), utilizando ás veces o pseudónimo Veritas.

A Rosalía Castro, 1888.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Diario de Pontevedra, 19-5-1913, p. 2.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]