Saltar ao contido

O Pedrón (ara romana)

O Pedrón
Imaxe
 Instancia de
Características
 Cultura
 Dedicado a
 Material / ingrediente
Implicados
 Dedicado a
Datas
 Período
Localización
 Situado en
 Localización
 Lugar de descuberta
 Coordenadas
Wikidata C:Commons

O Pedrón de Padrón é unha ara romana dedicada a Neptuno. Pódese ler nesta ara a inscrición «NO ORI ESES D S P», que se interpreta como: (Neptu)no Orieses d(e) s(uo) p(osucrunt) "A Neptuno, os orieses, colocaron esta ara ás súas expensas". A tradición cristiá da Translatio Xacobea, recollida no Libro III do Códice Calixtino, relata que os discípulos do apóstolo Santiago amarraron no Pedrón a barca que portaba o corpo do santo. Na parte superior do Pedrón gravouse ademais unha cruz, seguindo o costume de cristianizar o pagán[1].

A ara custódiase baixo o altar maior da igrexa de Santiago de Padrón[1]. O propio nome da vila de Padrón deriva etimoloxicamente de "pedrón"[2].

Inscrición

[editar | editar a fonte]

No Pedrón pódese ler unha inscrición que foi alterada no século XVI engadíndolle unha cruz e mudando o nome da divindade romana por "patrono"[3]. Interprétase a inscrición «NO ORI ESES D S P» como: "A Neptuno, os orieses, puxeron ás súas expensas este altar"[4]. Trátase dunha ara votiva en granito dedicada ó deus romano dos mares e de tódalas augas.

† Cruz cristiá, gravado do século XVI, que altera o orixinal.
I H S
NO (NEPTU)NO, Neptuno.
ORI

ESES

Os ORIESES, facendo referencia ós habitantes do foro de Iria Flavia.
D S P De Suo Posuerunt, é dicir, puxeron ás súas expensas.

Simboloxía

[editar | editar a fonte]

O carácter do Pedrón como símbolo permanece inalterable ó longo dos séculos ata os nosos días, custódiase baixo o altar maior da Igrexa de Santiago de Padrón. O mesmo nome de Padrón deriva etimoloxicamente de Pedrón e no escudo da vila aparece representada esta ara. Este altar dedicado ó deus romano Neptuno é segundo a tradición cristiá o lugar onde os discípulos do Apóstolo amarraron a barca logo da longa viaxe, como se relata no Codex Calixtinus.

Entréganse en Padrón os premios Pedrón de Ouro e Pedrón de Honra ás persoas ou entidades que defenden ou promoven a cultura galega, outorgados pola Fundación Pedrón de Ouro dende 1964. Tamén naceu a Agrupación Folclórica Cultural O Pedrón no ano 1991 en Padrón, coa finalidade de recoller, estudar, ensinar e divulgar a cultura folclórica de Galicia[5].

Hai unha réplica do Pedrón na localidade francesa de Noirmoutier-en-l'Île, agasallo da vila irmá de Padrón[6].

Galería de imaxes

[editar | editar a fonte]
  1. 1 2 RB, Silvia (3-1-2009). "La Translación en Padrón". Pastoral de Santiago (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 16-04-2017. Consultado o 16-4-2017.
  2. ↑ "Historia de Padrón". Concello de Padrón. Arquivado dende o orixinal o 14 de novembro de 2014. Consultado o 28 de outubro de 2014.
  3. ↑ Moure Salgado, Xabier. "Romanización de Galiza/Galicia (Provincia da Coruña)". O Noso Património.
  4. ↑ Fernández Sánchez, J M; Freire Barreiro, F (1885). Guía de Santiago y sus alrededores (en castelán).
  5. ↑ Ou. L. (17-2-2009). "A agrupación folclórica e cultural O Pedrón, do municipio de Padrón, celebra a súa maioría de idade". La Voz de Galicia. Archived from the original on 29-10-2014. Consultado o 29-10-2014.
  6. ↑ "Réplique Du "Pedrón" Auquel La Barque De Saint-Jacques Fut Amarrée Au Port De Padrón". Panoramio (en francés). Arquivado dende o orixinal o 28 de outubro de 2014. Consultado o 28 de outubro de 2014.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]