Anxo Arca
Aparencia
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 4 de marzo de 1989 Estramundi de Abaixo |
| 2023 – ← Antonio Fernández Angueira | |
| Actividade | |
| Ocupación | político, arqueólogo |
Anxo Rei Arca, nado en Estramundi (Padrón) o 4 de marzo de 1989, é un político galego do PSdeG-PSOE.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Militante dende novo no PSdeG e nas XSG, formou parte da candidatura socialista de Padrón en 2011 e 2015, sen resultar electo. Nas eleccións municipais de 2019 foi o número 3 da candidatura encabezada por Camilo Forján Seoane e resultou elixido concelleiro, formando parte da oposición ao goberno do PPdeG. En marzo de 2022 foi elixido novo Secretario Xeral da Agrupación Socialista de Padrón. Desta forma foi candidato socialista á alcaldía nas municipais de 2023 e conseguiu se-la forza máis votada, polo que foi elixido alcalde co apoio do BNG.[1]
| Predecesor: Antonio Fernández Angueira |
Alcalde de Padrón 2023 - actualidade |
Sucesor: no cargo |