Saltar ao contido

En las orillas del Sar

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

En las orillas del Sar
Imaxe
Primeira edición (1884)
 Instancia de
 Título
En las orillas del Sar (es) Editar o valor en Wikidata
Características
 Xénero artístico
 Lingua
Implicados
 Autor/a
Datas
 Data de publicación
1884 Editar o valor en Wikidata
Localización
 País
Wikidata C:Commons
Edición de 1909.

En las orillas del Sar é un libro de poesía en lingua castelá de Rosalía de Castro, publicado en 1884.

Publicación dos poemas

[editar | editar a fonte]
Manuscrito dun poema de En las orillas del Sar.

Foi o último libro publicado en vida pola autora, mais non hai consenso entre a crítica literaria con respecto á data na que foron creados os poemas recollidos neste libro. As palabras de Augusto González Besada no seu discurso de ingreso na Real Academia Española marcaron á crítica posterior, indicando que o periódico El Progreso de Pontevedra, afirmara que as creacións recollidas en En las orillas del Sar, viron a luz en 1866. Polo momento foron infrutuosas todas as buscas do devandito periódico, polo que tampouco se pode afirmar que nel apareceran plasmadas as poesías de Rosalía.

Edicións

[editar | editar a fonte]

Hai máis de 30 edicións distintas de En las orillas del Sar.[1] Por exemplo, en 2004 foi incluído na Biblioteca Gallega de Autores en Castellano de La Voz de Galicia.

  1. López; Pociña (2014). "Para unha edición crítica da "Obra completa" de Rosalía" (PDF). Rosalía de Castro no século XXI. pp. 405–414.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre literatura é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.