Saltar ao contido

Río Ulla

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía físicaRío Ulla
Imaxe
Pontevea, parroquia de Reis, Teo.
Tiporío Editar o valor en Wikidata
Inicio
Altitude inicial648 m Editar o valor en Wikidata
División administrativaGalicia, España Editar o valor en Wikidata
LocalizaciónOlveda Editar o valor en Wikidata
Final
División administrativaprovincia da Coruña, España Editar o valor en Wikidata
Localizaciónría de Arousa Editar o valor en Wikidata
Editar o valor en Wikidata Mapa
 42°42′54″N 7°49′44″O / 42.7151, -7.829
B 42°38′36″N 8°45′16″O / 42.6433, -8.7545
Afluentes
Características
Dimensións132 (lonxitude) km
Superficie da cunca hidrográfica2.764 km² Editar o valor en Wikidata
Medicións
Caudal79,3 m³/s Editar o valor en Wikidata
Enciclopedia Galega Universal: 195682

O río Ulla é un curso fluvial galego pertencente á vertente atlántica.[1]

Toponimia

[editar | editar a fonte]

O hidrónimo Ulla procedería da raíz indoeuropea *wel-, "facer xirar", "auga que dá voltas", xunto co sufixo -ia, o que daría a forma *Wulia.[2][3]

O Ulla nace na parroquia de Olveda (Antas de Ulla) se bén o lugar exacto está discutido e varia significativamente segundo a fonte que se consulte.[4][N 1]

Os máis importantes afluentes do Ulla son o Arnego e o Deza. Separa as provincias da Coruña e Pontevedra a excepción de dous pequenos tramos nos concellos de Vedra e Padrón, e desemboca na ría de Arousa tras percorrer 132 km.[8][9] Considéranse as Punta Palleiro e Grandoiro como a fin do río [6]. Ten unha conca de 2.764 km²,[8][9] a segunda máis importante de Galiza trala do río Miño.

Conta co encoro de Portodemouros, obra bastante importante no seu tempo.

Afluentes

[editar | editar a fonte]

Afluentes do Río Ulla por orde, dende o nacemento ata a desembocadura:

  1. Río Pambre:[6] desemboca no Batán (Palas de Rei) pola marxe dereita.
  2. Río Seco:[6] desemboca entre Santo Estevo (Agolada) e Barazón (Santiso) pola marxe dereita.
  3. Río Furelos:[6] desemboca na Pontenova (Santiso) pola marxe dereita.
  4. Río Arnego:[6] desemboca no encoro de Portodemouros, no Marquesado (Agolada) pola marxe esquerda.
  5. Río Iso:[6] desemboca no encoro de Portodemouros, fronte a Arxe (Vila de Cruces), entre o Picouto (Santiso) e a Igrexa (Arzúa) pola marxe dereita.
  6. Río Prevediños:[6] desemboca en Besaña (Touro) pola marxe dereita.
  7. Río Deza:[6] desemboca entre Gres (Vila de Cruces) e Cira (Silleda) pola marxe esquerda.
  8. Río Liñares:[6] desemboca na Aldea Grande (A Estrada) pola marxe esquerda.
  9. Río Pereiro:[6] desemboca en Agromaior (Teo) pola marxe dereita.
  10. Río Vea:[6] desemboca preto de Vilacriste (A Estrada) pola marxe esquerda.
  11. Río de Santa Lucía:[6] desemboca en Pontevea (Teo) pola marxe dereita.
  12. Rego Castrelo:[6] desemboca en Herbón (Padrón) pola marxe dereita, a 16,7 km do mar.[6]
  13. Río Sar:[6] o brazo esquerdo desemboca na Aduana, na vila de Padrón pola marxe dereita, a 15,0 km do mar.[6]
  14. Rego Salgueirón: [Cómpre referencia] desembocaba na vila de Pontecesures pola marxe esquerda, a 14,3 km do mar.
  15. Rego Fonte do Ouro:[6] desembocaba na vila de Pontecesures pola marxe esquerda, a 14,2 km do mar.
  16. Río Valga:[6] desemboca no Pumariño (Valga) pola marxe esquerda, a 13,0 km do mar.[6]
  17. Río Sar:[6] o brazo dereito desemboca en Afoz, na vila de Padrón pola marxe dereita, a 13,0 km do mar.[6]
  18. Río Louro:[6] desemboca na Carballa (Valga) pola marxe esquerda, a 11,2 km do mar.[6]
  19. Rego de Vigo:[6] desemboca en Vigo (Dodro) pola marxe dereita, a 10,4 km do mar.[6]
  20. Regueiro de Carracido: [Cómpre referencia] desemboca en Carracido (Valga) pola marxe esquerda, a 9,69 km do mar.[6]
  21. Rego de Tarrío:[6] desemboca en Tallós (Dodro) pola marxe dereita, a 9,13 km do mar.[6]
  22. Rego de Manselle:[6] desemboca entre Imo e Tallós (Dodro) pola marxe dereita, a 8,70 km do mar.[6]
  23. Rego de Imo:[6] desemboca en Imo (Dodro) pola marxe dereita, a 8,59 km do mar.[6]
  24. Rego dos Campelos:[6] desemboca preto da Vacariza (Rianxo) pola marxe dereita, a 6,07 km do mar.[6]
  25. Rego da Vacariza: [Cómpre referencia] desemboca na Vacariza (Rianxo) pola marxe dereita, a 5,58 km do mar.[6]
  26. Rego de Gondomil:[6] desemboca nas marismas de Oeste (Catoira) pola marxe esquerda, a 4,93 km do mar.[6]
  27. Regueiro das Torres: [Cómpre referencia] desemboca nas marismas de Oeste (Catoira) pola marxe esquerda, a 4,43 km do mar.[6]
  28. Río de Catoira:[6] desemboca na vila de Catoira pola marxe esquerda, a 3,68 km do mar.[6]
  29. Rego de Freixeiro:[6] desemboca fronte a Gabeira Pequena ou da Cruz entre o Outeiriño e Cores (Catoira) pola marxe esquerda, a 2,70 km do mar.[6]
  30. Rego da Lagartera:[6] desemboca no Peirán, en Quintáns (Rianxo) pola marxe dereita, a 2,67 km do mar.[6]
  31. Rego do Souto da Vila:[6] desemboca en Cores (Catoira) pola marxe esquerda, a 700 m do mar.[6]
  32. Rego dos Campos: [Cómpre referencia] desemboca preto da Dona (Vilagarcía de Arousa) pola marxe esquerda, a 400 m do mar.[6]
Ademaís das pontes o río conta en diversos puntos con pesqueiras que nalgúns casos permiten cruzar o río a pé. Na imaxe pesqueiras de Herbón.
Artigo principal: Lista de pontes do río Ulla.

Ao longo do río Ulla dende o seu nacemento ata a desembocadura hai máis de sesenta puntos que salvan o río dende pasos de pedra, pontes ou viadutos. De diferentes épocas, materiais e usos, para o ferrocarril, tráfico rodado ou peonil.

Galería de imaxes

[editar | editar a fonte]
  1. O Diccionario geográfico-estadístico de España y Portugal de Sebastián Miñano (1828) di que «nace no lugar de Soengas, ao oeste de Portomarín»; o Diccionario geográfico-estadístico-histórico de España y sus posesiones de Ultramar de Pascual Madoz (1849) que «nace entre as freguesías de Santo André de Rial, do Concello de Antas, e San Cristovo de Vilorde que pertence a Monterroso»; un artículo publicado polo autor José María Gil na revista Galicia. Revista Universal de este Reino (1864) afirma que «o Ulla toma orixe de dous manantiais contra o lugar de Soengas no bispado de Lugo»; o Diccionario Enciclopédico Hispano-Americano (1897) di que «nace na provincia de Lugo nas montañas que se alzan ó Oeste de Taboada»; o autor Gómez de Arteche afirma que «ten orixe ó pé do monte de San Cristovo, e corre ó Noroeste recollendo augas do gran receptáculo formado por aquela montaña e as abas orientais dos montes de Corno de Boi, Carrió e Farelo»; Ramón Otero Pedrayo na súa Guía de Galicia (1926) fala de «varias fontes como inicio do río» e sitúaas no corazón da alta Ulloa; o Mapa Topográfico Nacional 1:50000 do ano 2002 situa o nacemento no lugar de Cal de Mourelle (Taboada) mentras que o caudal que nace en Fonte Currelos chámalle Rego da Ermida e ambos únense no lugar de Ferreiros en Monterroso, xa como río Ulla; a Enciclopedia Galega Universal (2006) di que nace na parroquia de Ansar (Taboada); a Gran Enciclopedia Galega de Silverio Cañada (2006) fala de desta discrepancia e di que «a opinión máis común é que nace a partir da confluencia de varios regatos na parroquia de Ansar (Taboada)»; a Enciclopedia Espasa (2013) indica que nace en Fonte Ulla na Serra do Faro[5] mentres que o Instituto Geográfico Nacional de España e o autor J. Horacio García coinciden en situar o nacemento na fonte da Poteira (Olveda).[6][7]

Referencias

[editar | editar a fonte]
  1. "Ulla". EGU. Consultado o 26 de abril de 2026.
  2. Santiso Arias, Andrea (2023). Toponimia de Antas de Ulla. A Coruña: Real Academia Galega. p. 22. ISBN 978-84-17807-36-8.
  3. Curchin, Leonard A. (2008). "Los topónimos de la Galicia romana: Nuevo estudio". Cuadernos de Estudios Gallegos 55 (121): 109–136. doi:10.3989/ceg.2008.v55.i121.41.
  4. Varela, Suso (23 de febreiro de 2014). "Una investigación propone mejorar el entorno del Ulla como potencial turístico". www.lavozdegalicia.es (en castelán). Consultado o 26-1-2025.
  5. As Pontes do Río Ulla. Asociación Raiceiros / Andavira Editora. 2013. p. 89. ISBN 978-84-8408-729-8.
  6. 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 17 18 19 20 21 22 23 24 25 26 27 28 29 30 31 32 33 34 35 36 37 38 39 40 41 42 43 44 45 46 47 48 Instituto Geográfico Nacional de España. "SIXPAC, coordenadas 42°43'21.5"N 7°47'54.1"W" (Mapa). Visor SIXPAC. Consultado o 08/06/2019.
  7. García, J. Horacio (2021). "Onte nace o río Ulla? Un percorrido científico na busca das súas fontes". Cairón (Instituto de Estudos Ulloáns) (5): 148–165.
  8. 1 2 Núñez Pérez, Manuel; Lois Lois, Adela; Daporta Padín, Mon (2007). Os ríos de Galiza. A Nosa Terra. Promocións Culturais Galegas, S.A. p. 94. ISBN 978-84-8341-136-0.
  9. 1 2 Cañada, Silverio, ed. (2003). "Ulla, Río". Gran Enciclopedia Galega 42. El Progreso - Diario de Pontevedra. pp. 179–180. ISBN 84-87804-26-8.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]