O Milladoiro, Biduído, Ames

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
O Milladoiro
Parroquia Biduído
Concello Ames
Poboación 11.789 hab. (ano 2011)

O Milladoiro é un núcleo de poboación da parroquia de Biduído, no concello coruñés de Ames. Segundo o IGE, no ano 2011 tiña unha poboación de 11.789 habitantes (5.654 homes e 6.135 mulleres), o que supón un aumento de 2.174 persoas máis ca no ano 2007.

Historia[editar | editar a fonte]

O seu topónimo procede do latín humiliatorium, "amilladoiro", lugar onde os peregrinos que se dirixían a Santiago de Compostela polo camiño portugués, se axeonllaban para lle dar as grazas a Deus ao ver por vez primeira as torres da catedral compostelá.

A vila está atravesada pola estrada N-550, arredor da cal foi medrando. Na década de 1970 as aldeas de Seidón, A Madalena e O Milladoiro experimentaron un progresivo crecemento como cidade-dormitorio de Santiago de Compostela.

O Milladoiro na literatura popular[editar | editar a fonte]

  • Véxote no Milladoiro,/ no Faramelo, en Padrón,/ e astra pola Ponte Valga/ te vexo no corazón [1].

Lugares e parroquias[editar | editar a fonte]

Lugares de Biduído[editar | editar a fonte]

Lugares da parroquia de Biduído no concello de Ames (A Coruña)

A Agrela | Biduído de Abaixo | Biduído de Arriba | Casanova | Coira | Costoia | Fraíz | Framil | A Igrexa | O Milladoiro | A Moniña | Paramuíño | Raíces | Ventín

Parroquias da Ames[editar | editar a fonte]

Galicia | Provincia da Coruña | Parroquias de Ames

Agrón (San Lourenzo) | Ameixenda (Santa María) | Ames (San Tomé) | Biduído (Santa María) | Bugallido (San Pedro) | Covas (Santo Estevo) | Lens (San Paio) | Ortoño (San Xoán) | Piñeiro (San Mamede) | Tapia (San Cristovo) | Trasmonte (Santa María)


Notas[editar | editar a fonte]

  1. No texto: hastra