Saltar ao contido

El primer loco

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

El primer loco
Imaxe
 Instancia de
 Título
El primer loco (es) Editar o valor en Wikidata
 Subtítulo
Cuento extraño (es) Editar o valor en Wikidata
Características
 Forma artística
 Lingua
Implicados
 Autor/a
Datas
 Data de publicación
1881 Editar o valor en Wikidata
Historia
 Precedido por
Localización
 País de orixe
Códigos e identificadores
OCLC1072379847 Editar o valor en Wikidata
Wikidata

El primer loco: cuento extraño[1] é unha novela en lingua castelá da escritora galega Rosalía de Castro, asinada en Lestrove[sic] (Padrón) en febreiro de 1881, publicada orixinalmente pola Imprenta y Librería de Moya y Plaza de Madrid ese mesmo ano.[2] O libro foi reeditado en facsímile en 2019 por Alvarellos Editora, con estudo introdutorio de María do Cebreiro e Germán Labrador.[3]

Descrición

[editar | editar a fonte]

Dividida en catro capítulos, está ambientada no mosteiro (hoxe hospital psiquiátrico) e na carballeira de Conxo, que anos antes acollera o famoso Banquete de Conxo.

A obra é un diálogo, case un monólogo, entre Luís, o protagonista, e o seu amigo Pedro. Luís conta as súas desgrazas amorosas coa fermosa Berenice. Como a coñece cando a familia dela se muda fronte por fronte da casa do protagonista, como a segue cando marcha ao mosteiro de Conxo a descansar no verán. Os seus encontros no bosque contiguo ao mosteiro, as cartas cheas de paixón e, por fin, o desengano.

Pedro actúa como contrapunto ao amor tolo de Luís. Cuestiona se Berenice non tería tanta fachenda como fermosura, se as súas cartas non serían máis que pobres copias das poéticas e sinceras cartas de Luís. En definitiva, se o amor que Luís considera puro, verdadeiro e apaixonado non será máis que a proxección que el mesmo fixo dos seus sentimentos nunha muller fermosa pero, en definitiva, descoñecida.

Edicións

[editar | editar a fonte]

Así mesmo, foi incluído na Obra completa (1992) de Ediciones Akal[4] e nas Obras completas (1993) de Turner.[5]

  1. El primer loco: cuento extraño en Galiciana, Biblioteca de Galicia.
  2. El primer loco na Biblioteca Virtual Miguel de Cervantes.
  3. 1 2 "Páxina web de Alvarellos". Arquivado dende o orixinal o 04 de xuño de 2020. Consultado o 02 de agosto de 2020.
  4. Armiño, Mauro (1980). Obra completa. Madrid, Akal, t. III, pp. 351-440.
  5. Mayoral, Marina, ed. (1993). Obras completas. Biblioteca Castro II. Madrid: Turner. pp. 675–759. ISBN 978-84-7506-389-8. Arquivado dende o orixinal o 05 de agosto de 2020. Consultado o 02 de agosto de 2020.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]