Igrexa de Santo Ildefonso de Madrid
Igrexa de Santo Ildefonso de Madrid | ||||
---|---|---|---|---|
Universidad ![]() | ||||
![]() | ||||
Tipo | igrexa católica ![]() | |||
Epónimo | Ildefonso de Toledo ![]() | |||
Estilo | arquitectura neoclásica ![]() | |||
Persoas e organizacións | ||||
Diocese | Arquidiocese católica latina de Madrid ![]() | |||
Arquitecto/a | Juan Antonio Cuervo ![]() | |||
Acceso | ||||
Días abertos | todos os días da semana e todos os días da semana ![]() | |||
Datas | ||||
Fundación | 1827 ![]() | |||
Localización | ||||
| ||||
Situado en | Universidad ![]() | |||
Rúa | Calle de Colón (en) ![]() ![]() ![]() | |||
Enderezo | calle de Colón, 16, 28004 Madrid ![]() | |||
Patrimonio cultural | ||||
Ben de Interese Cultural | ||||
Data | 1977 | |||
[ Wikidata ] [ C:Commons ] |
A igrexa de Santo Ildefonso é un edificio relixioso, destinado ao culto católico, situado na praza do mesmo nome da cidade de Madrid (España).[1]
Historia
[editar | editar a fonte]O edificio orixinal foi fundado o 28 de setembro de 1619, dependente da parroquia de San Martiño, e destruído a comezos do século XIX. A planta do conservado é obra do arquitecto Antonio Cuervo, en 1827, aínda que cinco anos despois sufriu un grande incendio.

Unha placa no exterior do templo lembra que alí casou o 10 de outubro de 1858 a poetisa galega Rosalía de Castro, veciña da Corredera Baja de San Pablo, con Manuel Murguía.[2] Durante a guerra civil española empregouse para almacenar provisións, sufrindo grandes desfeitas no conflito. Quedou restaurada integramente en 1952.
A cargo desta igrexa está o veciño humilladero da nosa Señora da Soidade, da rúa de Fuencarral.[3]
No seu interior destaca un retablo barroco, atribuído a Gaspar Becerra, dúas imaxes de santo Antonio de Padua e san Xosé, atribuídas a Francisco Vergara Bartual o Mozo e unha talla anónima de Cristo crucificado do século XVII.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Iglesia de San Ildefonso". Viendo Madrid. 11/2/2010.
- ↑ Pociña & López 2000, pp. 32-33.
- ↑ "El origen místico de los últimos humilladeros de Madrid". ABC. 20/5/2015.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Igrexa de Santo Ildefonso de Madrid ![]() |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Pociña, A.; López, A. (2000). Rosalía de Castro. Estudios sobre a vida e a obra. Laiovento. ISBN 978-84-8487-267-2.
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]