Álvaro das Casas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Álvaro María Casas Blanco, nado en Ourense o 2 de xullo de 1901 e finado en Barcelona o 8 de marzo de 1950, foi un dinamizador cultural e escritor, en galego e castelán, de poesía, novela, ensaio e, fundamentalmente, de obras de teatro. Asinou as súas publicacións como Álvaro de las Casas ou, cando escribe en galego Álvaro das Casas.

Grupo dos Ultreyas na Misión Biolóxica de Galicia en 1932.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

En Ourense cursou os seus estudos básicos e de bacharelato, trasladándose a Valladolid para cursar a carreira de Filosofía e Letras. Doutorouse en Ciencias Históricas e Xeográficas, feito que talvez inflúa na proposta de teatro histórico deste autor. Exerceu de catedrático e director do Instituto local de Noia, onde fundou os primeiros grupos Ultreya. Foi escritor dramático de renome e tradutor de obras de autores portugueses, alén de militante do Partido Galeguista e membro do Instituto Histórico do Minho aínda que no ano 1933 despois dunha longa polémica co Partido Galeguista funda a Vangarda Nazonalista Galega.

Precisamente nunha comunicación feita ao Instituto Histórico do Minho, na que fala do teatro no noso país, publica a súa proposta de teatro galego o cal, na súa opinión, debería ser poético, de temática histórica e representábel en calquera punto de Galiza. Todos estes trazos achámolos na súa obra A Morte de Lord Sataüler (1929), onde demostra Álvaro das Casas que o arriba dito pode ser levado á práctica.

Dirixiu a revista Alento (1934-1935). En 1936, con motivo da Guerra Civil, cae na obriga de se exiliar a Buenos Aires (Arxentina), o seu lugar de residencia ata 1950. Neste mesmo ano, despois de se reconciliar co réxime franquista, volta ao Estado español, concretamente á cidade de Barcelona, onde finalizou os seus días o 8 de marzo dese mesmo ano.

Foi irmán do tamén escritor Augusto Casas.

Obra[editar | editar a fonte]

Álvaro María de las Casas e os Ultreyas visitando o dolmen de Axeitos, Vida Gallega, 1933.

Álvaro das Casas foi principalmente un autor dramático, o cal non lle impediu cultivar timidamente outros xéneros. A súa traxectoria como escritor está composta polas seguintes obras:

Teatro[editar | editar a fonte]

  • O Xardín do Castelo de Vidre (1926).
  • A Morte de Lord Sataüler (1929).
  • Pancho de Rábade. Via Crucis en Seis Estaciós (1931).
  • O Tolo da Lastra (contido en Tres Conversas, 1930).
  • A Gavilla (contido en Tres Conversas, 1930).
  • Dente de Ouro (contido en Tres Conversas, 1930).
  • O Outro (1930).
  • Mátria (1935).
  • Teatro dos Nenos (1936).
  • Rechouchío (1936).
  • Mitin (1936).

Poesía[editar | editar a fonte]

  • Sulco e Vento (1931).
  • Escolma de Cantigas (1934).

Prosa[editar | editar a fonte]

  • Ladaíña (1927).
  • Xornadas de Sebastián Albor (1931).

Ensaio[editar | editar a fonte]

  • A Illa de Ons (1932, Nós).
  • Verbas aos Mozos Galegos (1933).

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]