Afonso V o Nobre
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde maio de 2010.) |
Nome orixinal | (es) Alfonso V el Noble |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | c. 994 Reino de León |
Morte | 7 de agosto de 1028 (Gregoriano) (33/34 anos) Viseu, Portugal |
Lugar de sepultura | Panteón de Reis de Santo Isidoro de León |
Monarca do Reino de León | |
999 – 1028 | |
Datos persoais | |
Relixión | Catolicismo e cristianismo |
Actividade | |
Ocupación | monarca |
Outro | |
Título | Rei de León |
Familia | Dinastía ástur-leonesa |
Cónxuxe | Elvira Méndez Urraca Garcés |
Fillos | Xemena de León e de Galiza () Urraca Garcés Vermudo III () Elvira Méndez Sancha I de Galicia () Elvira Méndez |
Pais | Vermudo II e Elvira García |
Irmáns | Cristina Vermúdez Ordoño Vermúdez |
Descrito pola fonte | Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron Enciclopedia de Otto |
Afonso V o Nobre, Galleciensis Regis[1], Rex Gallitianus[2] (rei de Galicia) tamén coñecido como Afonso V de León, nado no 994 ou 995 e finado en Viseu en 1028[3], foi rei da Galiza altomedieval entre os anos 999 e 1028 coa súa capital na cidade de León.
Biografía
[editar | editar a fonte]Herdou o trono no 999, tralo falecemento de Vermudo II, quedando baixo a tutela da súa nai, dona Elvira, e do aristócrata galego Mendo Gundisalviz. Casou en 1015 con Elvira Meendiz (filla de Mendo González e de Dona Toda) e en 1023 con Urraca Garcés de Pamplona (filla de García Sánchez de Navarra e de Ximena Fernández).
Ese mesmo ano acadou a maioría de idade, herdando un reino cheo de inestabilidade política. Tamén en 1017 morreron a súa nai, até entón rexente, e os tres nobres máis importantes do reino: o conde de Castela, o xefe dos Beni Gómez e Mendo Rodríguez, que foran fonte de problemas na rexencia anterior. Afonso V quixo dar un xiro á administración, creando un novo marco xurídico.
Reconstruíu a cidade de León, que fora danada polos ataques de Almanzor, e reuniu os nobres en Curia Plena para a elaboración e posterior aprobación do Foro de León. Este Foro é a sanción xurídica do feudalismo leonés. Buscaba pór fin ás desordes da etapa anterior e recuperar o poder real. Reciben o nome de Foro de León un conxunto de preceptos decretados nun concilium reunido na catedral de León en 1020. A estes 20 preceptos engadíronselle outros 28 que regulaban a vida local na cidade de León.
Faleceu no asedio da praza de Viseu, en Portugal. O seu fillo Vermudo III herdou a coroa no 1028. Tivo dúas fillas: Sancha (nacida de Dona Elvira) e Xemena (nacida de Dona Urraca).
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Santos Coco, Francisco (ed.). Historia Silense (1921 ed.). p. 64.
- ↑ Chavanon, Jules (ed.). Chronique Adémar de Chabannes (1897 ed.). p. 195.
- ↑ Flórez (1793), p. 193: da como data da morte 1027
Véxase tamén
[editar | editar a fonte] Afonso V e Elvira Mendes. Un tempo novo para o Reino da Galiza. |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Afonso V o Nobre |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Flórez, Henrique (1793). España sagrada. Madrid: Oficina de la viuda e hijo de Marín.
- López Carreira, Anselmo (2003). Os reis de Galicia. Vigo: Edicións A Nosa Terra. ISBN 84-96203-44-1.