Follas Novas (revista)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Follas Novas: Revista de Estudos Rosalianos
PaísEspaña
Lugar de publicaciónPadrón
Lingualingua galega
Especialidadeliteratura
Fundación2016
Desenvolvemento
PublicadorFundación Rosalía de Castro e a Casa de Rosalía
Circulación
Frecuenciaanual
ISSN2530-3813
OCLC982069779
editar datos en Wikidata ]

Follas Novas, subtitulada Revista de Estudos Rosalianos, é un anuario dirixido por Xosé Luís Axeitos que botou a andar en 2016, editado pola Fundación Rosalía de Castro e a Casa de Rosalía, de Padrón. A publicación, que leva o nome dun das principais obras de Rosalía de Castro, o poemario Follas novas, é continuadora doutra de periodicidade irregular, a Revista de Estudios Rosalianos, dirixida por Xesús Alonso Montero, da que saíran en total catro números (nos anos 2000, 2002, 2008 e 2011).

Descrición[editar | editar a fonte]

O seu director é Xosé Luís Axeitos. O consello de redacción está formado por Anxo Angueira, Xosé Carlos Beiró Piñeiro, Lydia Fontoira Surís e Pilar García Negro e compoñen o comité científico: Xosé Ramón Barreiro, Luís Cochón, Catherine Davies, Carme Fernández Pérez-Sanjulián, María Xesús Lama, Aurora López, Kathleen March, Marina Mayoral, Xosé Luís Méndez Ferrín, Camiño Noia, Andrés Pociña, María do Cebreiro, Francisco Rodríguez Sánchez, Ana Rodríguez Fischer e Dolores Vilavedra.

Números[editar | editar a fonte]

Número 1. Ano 2016[editar | editar a fonte]

Patrocinado polo concello de Rianxo, contén os seguintes artigos:

Número 2. Ano 2017[editar | editar a fonte]

Co patrocinio do concello de Padrón.

  • Xosé Luís Axeitos. "Manuel Barros, cronista de Padrón": 8–25. 
  • Manuel Ferreiro Fernández. "Amizade, conexión epistolar e redes socioliterarias: Rosalía, Pondal (e Murguía)": 26–49. 
  • Pilar García Negro. "Sobre o outro Códeo": 50–65. 
  • Xurxo Martínez. "Do xenio nacional ó criterio: algúns apuntamentos sobre a literatura galega no Rexurdimento": 66–95. 
  • Diego Rodríguez González. "A letra de Rosalía: bases para a súa identificación": 96–139. 
  • Francisco Rodríguez Sánchez. "Avances nos estudios rosalianos: silencios e reticencias": 140–163. 
  • Xosé Luís Axeitos. "Algunhas reflexións sobre o corpus epistolar da familia Murguía-Castro…": 166–185. 
  • Xoán Costa. "Recensión de Rosalía de Castro, estranxeira na súa patria. Francisco Rodríguez. 2011": 188–191. 
  • Manuel Forcadela. "Recensión. O diálogo de María Xosé Queizán e Rosalía: María Xosé Queizán 2017": 192–196. 
  • Aurora López e Andrés Pociña. "As edicións de Rosalía de Castro na República Arxentina": 198–213. 
  • Marica Campo. "A sombra do meu asombro (Tetraloxía -1996-)": 216–222. 
  • Ánxela Lema París. "Rosalía de Castro con acento francés": 223–225. 
  • Carlos Rodríguez Dacal. "A Casa de Rosalía: horta da Paz e Xardín da Galeguidade": 228–237. 
  • "Caldo de gloria para o día de Rosalía": 238–239. 
  • "A reinauguración da casa de Rosalía de Castro": 240–242. 

Número 3. Ano 2018[editar | editar a fonte]

Patrocinado polo concello de Rois.

Carta inédita de Rosalía a Villaamil.

Número 4. Ano 2019[editar | editar a fonte]

Co patrocinio do concello de Dodro.

Número 5. Ano 2020[editar | editar a fonte]

Co patrocinio do concello de Santiago de Compostela.

  • Fernando Cabo Aseguinolaza: "Rosalía de Castro, póstuma": 10-23.
  • Pilar García Negro. " Emilia Pardo Bazán. Notas para un debate necesario": 24-45.
  • Germán Labrador: "Églogas comunais. As paisaxes fundacionais de Rosalía de Castro como lugares de memoria (1863-1884)": 46-83.
  • Aurora López, Andrés Pociña: "Rosalía de Castro: intentos de asasinato durante a Guerra Civil (1936 – 1939)": 84-95.
  • María de los Ángeles Rodríguez Fontela: "Rosalía de Castro nas artes visuais. Mitificación e rostrificación da imaxe fotográfica": 96-117.
  • Xosé Luis Axeitos. "Murguía e os seus editores: un contrato de edición": 120-133.
  • Diego Rodríguez González. "Murguía a Rosalía. Unha segunda carta do ano 1879": 134-143.
  • Lydia Fontoira Suris: "Correspondencia de Murguía IV, de Xosé Ramón Barreiro e Xosé Luis Axeitos": 146-152.
  • Índices da revista: colaboradores, materias, onomástico. (nos 1-5, anos 2017-2021): 154-165.
  • Xosé Luis Axeitos: "Rosalía na voz dos viaxeiros e escritores sudamericanos a Galicia": 168-179.
  • Alfredo Conde: "A propósito de Rosalía": 180-183.
  • Margarita Viso: "A Malenconía de Brañas-Lens en homenaxe a Rosalía": 184-188.
  • Fundación Rosalía de Castro: "Un ano difícil": 190-193.

Número 6. Ano 2021[editar | editar a fonte]

Co patrocinio do concello de Boiro.


Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]