Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Izquierda Castellana
Instancia de
Nome oficial
Izquierda Castellana (es)
Ideoloxía política
Posición política
Fundación / creación
2002
Sede
Lugar de formación
País
Wikidata C:Commons
Bandeira empregada por Izquierda Castellana
Izquierda Castellana (IzCa) é un movemento político radical nacionalista de esquerdas de Castela, constituído definitivamente en 2002 en Madrid, coa incorporación de Izquierda Comunera a unha organización na que se atopaban Unidad Popular Castellana , Yesca , Mujeres Castellanas e o Círculo Castellano de Toledo . O Partido Comunista del Pueblo Castellano (sección do Partido Comunista de los Pueblos de España na comunidade autónoma de Castela e León ) entrou en Izquierda Castellana, pero despois abandonou a organización.
Izquierda Castellana é internacionalista, razón pola cal apoia diversos movementos de construción nacional no País Vasco , Palestina ou Irlanda . Tal apoio faise sempre dende unha perspectiva democrática e de soberanía das clases traballadoras.
O obxectivo de Izquierda Castellana é conseguir unha Castela unida , superando a división da nación castelá entre cinco comunidades autónomas (consideran que Castela está formada por Cantabria , Castela e León , Madrid , A Rioxa e Castela-A Mancha ), socialista , soberana e republicana , facendo propia a tradición comunera , que reivindica anualmente, cada 23 de abril , nas concentracións de Villalar de los Comuneros . Este día é considerado por organizacións nacionalistas castelás, como Izquierda Castellana e Tierra Comunera como o Día Nacional de Castela , pero oficialmente é o día da comunidade de Castela e León .