Comuner@s

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Comuner@s
Logo
IdeoloxíaNacionalismo castelán
Data de fundación17 de xaneiro de 2008
Na rede
http://comuneras.blogspot.com/
editar datos en Wikidata ]

Comuner@s é un partido político nacionalista castelán de esquerda e soberanista que foi inscrito no 17 de xaneiro de 2008. Apenas conta cuns poucos militantes e con escasos recursos económicos e materiais. Cobrou relevancia por ser un dos integrantes da candidatura Iniciativa Internacionalista-A Solidariedade entre os Pobos nas eleccións ao Parlamento Europeo de 2009.

Eleccións xerais españolas de 2008[editar | editar a fonte]

En solitario só se presentou a un proceso electoral, as eleccións xerais españolas de 2008. Nestas eleccións presentaron candidaturas ao Senado en 16 provincias das 17 provincias que segundo a formación compoñerían Castela. Os resultados foron testemuñais: en Soria, 91 votos (0'16%); Salamanca, 146 (0'06%); Valladolid, 1.440 (0'42%); Madrid, 960 (0'03%); A Rioxa, 602 (0'32%); Ávila, 100 (0'09%); Segovia, 259 (0'27%); Palencia, 209 (0'18%); Burgos, 257 (0'11%); Zamora, 85 (0'06%); León, 66 (0'02%); Cuenca, 416 (0'31%); Cidade Real, 107 (0'03%); Guadalaxara, 107 (0'08%); Cantabria, 108 (0'03%); Palencia, 209 (0'07%); Toledo, 196 (0'05%). En total 4.845 votos.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas =[editar | editar a fonte]