Rexionalismo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O rexionalismo é un movemento cultural e político de recuperación da identidade propia (lingua, historia, dereito, tradicións e outras peculiaridades). As reclamacións políticas do movemento limítanse a acadar certo grao de autonomía xurídica, aínda que mantendo sempre a dependencia política, motivo polo que é considerado unha forma de unionismo.[1]

No caso concreto de Galiza, xurdiu durante os primeiros anos da Restauración borbónica (último terzo do século XIX). Politicamente, os rexionalistas eran partidarios da descentralización administrativa e, nalgúns casos, da autonomía.[2]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Diccionario de Arte II. Barcelona: Biblioteca de Consulta Larousse. Spes Editorial SL (RBA). 2003. pp. p.204. ISBN 978-84-8332-391-5. 
  2. Beramendi, Justo. De provincia a nación. Historia do galeguismo político. Xerais. pp. 201–225. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre política é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.