Izquierda Comunera

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Izquierda Comunera (IzCo) (en galego Esquerda Comuneira) é unha formación política nacionalista castelá e de esquerdas, integrada dentro de Izquierda Castellana. Foi constituída en 2001 tras unha escisión, da agrupación de Tierra Comunera en Madrid.

distintivo de Izco

Constituíuse coma un colectivo de conviccións políticas republicás, progresistas, comuneiras e antifascistas.

O 8 de abril de 2001, aos poucos días da súa escisión de TC, Izquierda Comunera entra a formar parte de Izquierda Castellana como colectivo autónomo, entendendo eles que é esta a mellor opción de política castelá que nestes momentos pode reivindicar a unidade de Castela e os dereitos e liberdades de todos os casteláns.

Véxase Tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]