Ahora Castilla

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Ahora Castilla
PaísEspaña
editar datos en Wikidata ]

A plataforma Ahora Castilla (Agora Castela en galego) foi unha iniciativa dun conxunto de partidos e asociacións españolas de ideoloxía nacionalista castelá: Tierra Comunera-Partido Nacionalista Castellano-na actualidade Partido Castellano-, Izquierda Castellana, Tierra Castellana e Sopa Castellana que se fundou arredor dun manifesto coñecido como o Manifesto de Alcalá presentado o 28 de xaneiro de 2006 en Alcalá de Henares.[1] A idea da plataforma era aglutinar ao castelanismo para avanzar aos seus obxectivos básicos, que son os que se expoñen no manifesto e son a base da ideoloxía castelanista. A plataforma pretendía ser unha especie de trampolín para unha coalición política para as eleccións autonómicas do ano 2007. Na actualidade, nada queda en activo da plataforma Ahora Castela[2][3].

Ideoloxía[editar | editar a fonte]

O manifesto é un resumo do que é esta ideoloxía política, en realidade non achegaba nada novo, senón chegar un acordo de mínimos para crear unha plataforma política para concorrer a unhas elección autonómicas. As principais ideas do manifesto eran:[2][4]:

  • Articular iniciativas que se encamiñen á construción dun proxecto común castelán para as Comunidades Autónomas, que segundo o castelanismo son castelás; é dicir como fin último a consecución da unidade de Castela.
  • Reactivar o proxecto de Consello de Comunidades Castelás, que os presidentes autonómicos de entón da Comunidade de Madrid: Alberto Ruiz-Gallardón, a Xunta de Castela e León: Juan José Lucas, e a Xunta de Comunidades de Castela-A Mancha: José Bono asinaron no ano 2000. Consello que tiña como obxectivo aumentar a colaboración económica e política entre estas Comunidades Autónomas, e que nunca chegou a materializarse. A idea da plataforma era sumar Cantabria e a Rioja á plataforma e converter este consello nunha especie de órgano que servise como punto de partida para a unificación das Comunidades Autónomas castelás nun só territorio[5].
  • A recuperación das antigas delimitacións históricas dos territorios como as bisbarras e a superación da división provincial actual para avanzar cara á unidade de Castela.
  • A recuperación, a difusión e a potenciación dunha identidade castelá e unha conciencia nacional castelá nas sociedades das Comunidades Autónomas castelás
  • A recuperación, a protección e a potenciación da cultura e o folclore casteláns; a protección do patrimonio artístico-cultural e o medio
  • A difusión da ideoloxía e a conciencia castelanista en Madrid.
  • Construír iniciativas que avancen cara a unha España federal, na que Castela sexa un territorio unido e teña o seu peso.
  • A creación dun bloque castelanista forte que se coordine para conseguir estes obxectivos, respectando a pluralidade e independencia dos compoñentes.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]