Unión Castellanista
![]() | Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde outubro de 2013.) |
Unión Castellanista | |||
---|---|---|---|
Data | |||
Fundación | 18 de agosto de 1989 ![]() | ||
Localización | |||
Sede | Rioseco de Soria ![]() | ||
[ Wikidata ] |
Unión Castellanista (UC) (Unión Castelanista en galego) é un partido político nacionalista castelán rexistrado o 18 de agosto de 1989. Se ben foi fundado en Madrid, tiña a súa sede no despoboado soriano de Escobosa de Catalatañazor. Xurdiu tras certas discrepancias entre algúns membros do Partido Regionalista Castellano (PREC) en cuestións territoriais, pois o PREC loitaba soamente pola autonomía dunha Castela a Vella sen Palencia nin Valladolid, mentres que UC loitaba por unha Castela que inclúese esas dúas provincias; amais de ideolóxicas, pois UC se definía coma federalista e de esquerdas, e pola contra o PREC coma rexionalista conservador. Isto provocou que a mediados de 1989 varios membros do PREC se escindisen do partido e fundasen Unión Castellanista.
Así, UC sería a alternativa nacionalista e esquerdista ao castelanismo que representaba o PREC. A súa Xunta de Promotores, da que formaban parte entre outros José Miguel Camazón García, Enrique Francisco García Gómez, o poeta Juan Carlos García Hoyuelos, Pedro Andrés Núñez, Felisa García, Domingo Casas Ubiedo, o xornalista Antonio Ruiz Vega e Santiago Pacheco Almazán, estaba formada por persoas orixinarias de Cantabria, Segovia, Burgos, Cuenca e Madrid e especialmente por intelectuais vencellados a certos círculos culturais de Soria, entre eles algúns escritores desta provincia como os propios Pacheco Almazán e Ruiz Vega. Resulta curioso que fose precisamente en Madrid onde xurdiu este partido e non en Segovia, principal marco de acción da asociación carreterista Comunidad Castellana, ou en Burgos, onde o carreterismo sempre tivo unha boa aceptación.
Definíase como federalista e progresista, e defendía as teses castelanistas do segoviano Anselmo Carretero e da asociación cultural Comunidade Castelá. E ao igual có PREC, recoñecía ao País Leonés coma unha comunidade non castelá, agás por incluíren nesa nacionalidade ás provincias de Valladolid e Palencia, se ben a UC acabou considerando que estas provincias eran castelás e non leonesas. Isto fíxolles gañar bastante apoio nesas dúas provincias, pero fíxolles perder moito máis en Burgos e en menor medida en Segovia.
Presentouse ás eleccións ás Cortes de Castela e León de 1991 conseguindo escasos votos, e ás eleccións municipais dese mesmo ano conseguindo as alcaldías de Arenillas (provincia de Soria) e Villaescusa de Roa (provincia de Burgos). Editaba a revista Tierras castellanas dende xaneiro de 1990 con periodicidade trimestral.
Tras entrar nunha gran fase de letargo, iniciada en 1991, soamente se presentaba ás eleccións municipais nalgunhas localidades sorianas. A inactividade de Unión Castelanista determinou que os últimos restos deste partido acabasen sendo absorbidos por Tierra Comunera.