Iniciativa Merindades de Castilla

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Iniciativa Merindades de Castilla (IMC) é un partido político castelanista da bisbarra das Merindades no norte de Burgos fundado no 2006. O seu obxectivo principal é defender os intereses dos habitantes desa bisbarra de Burgos.

Historia do partido[editar | editar a fonte]

Participou nas eleccións municipais de 2007, logrando 1.152 votos e 10 concelleiros[1]; mentres que a nivel autonómico participou na coalición Alternativa por Castilla y León (ACAL). Nas xerais de 2008 participou e obtivo soamente 200[2] votos para o Congreso dos Deputados, porén obtivo 1.311 votos para o Senado. En 2011 acode por primeira vez ás eleccións autonómicas de Castela e León, cun total de 800 votos,[3]. Nas municipais gañou en votos (1.466) e subiu en concelleiros, con 16 edís[4]. IMC só acodeu ás eleccións municipais de 2015, e obtivo 1.235 votos e 12 edís, é dicir, un resultado lixeiramente inferior ao obtido en 2011[5]. Tamén concorreu ás eleccións xerais de 2015.

Notas[editar | editar a fonte]