Ciudadanos de Burgos por Castilla la Vieja

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Ciudadanos de Burgos por Castilla la Vieja
Tipopartido político español
Ideoloxíarexionalismo
Data de fundación2006
PaísEspaña
Na rede
http://www.ciudadanosdeburgos.org/
editar datos en Wikidata ]

Ciudadanos de Burgos por Castilla La Vieja (Cidadáns de Burgos por Castela a Vella en galego) (CiBu) é un partido político español de carácter burgalesista e castelanista fundado en 2006 en Burgos. CiBu pretende unha mellora nas condicións de vida dos burgaleses e centra as súas actuais reivindicacións na loita contra o centralismo valisoletano así como noutros temas tales como a recuperación da ferrovía directa Madrid-Burgos por Aranda de Duero ou a oposición á fusión das Caixas de Aforro de Castela e León. Contra a fusión das caixas de Castela e León logrou convocar nunha manifestación, o 5 de decembro de 2008, a case 10.000 persoas.[Cómpre referencia]

Sobre a base do seu carácter burgalesista, ten como fin a recuperación do protagonismo de Burgos e a súa provincia fronte á marxinación e a falta de investimento ao cal a somete, segundo eles, a Xunta de Castela e León. Do mesmo xeito, ao considerar a Burgos como Cabeza de Castela, promove a recuperación da rexión histórica de Castela a Vella, rexión que en diferentes momentos históricos, que asume CiBu, estivo composta polas provincias de Ávila, Burgos, Cantabria, A Rioxa, Segovia e Soria.

Presentáronse por primeira vez ás eleccións municipais polo concello de Burgos no ano 2007, con Lesmes Peña Hurtado de número 1, conseguindo 851 votos. Nas eleccións ás Cortes de Castela e León conseguiron ese mesmo ano, co empresario hostaleiro Gregorio Sancho Pérez á testa, 1.148 votos (661 na capital).

Nas eleccións municipais do ano 2011 presentouse por catro concellos da provincia de Burgos: Burgos (con Alberto Rodríguez Barreiro de cabeza de lista e 1529 votos), Celada del Camino (37 votos e dous concelleiros), Cogollos (56 votos e un concelleiro) e Estepar (26 votos). Logrando, polo tanto, 1648 votos en total, tres concelleiros e un alcalde (Celada del Camino).

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]