Saltar ao contido

Comunistas de Castilla

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Comunistas de Castilla
IdeoloxíaMarxismo
Data de fundación2011
SedeValladolid
PaísEspaña
Na rede
http://www.castillasocialista.org
editar datos en Wikidata ]

Comunistas de Castilla (Comunistas de Castela en galego) é un partido político de España, de ideoloxía comunista e castelanista, creado en 2011 trala escisión de varias células do Partido Comunista de los Pueblos de España (PCPE) en Castela e León. Mantén estreitas relacións co colectivo Rede Vermella, escisión á súa vez de Corrente Vermella, o que provocou a inspiración trotskista desta última. O seu ámbito de actuación é o territorio histórico de Castela, nación que estaría composta segundo os estándares do castelanismo polas actuais comunidades autónomas de Castela e León, Castela-A Mancha, a Comunidade de Madrid, A Rioxa e Cantabria.

Creación

[editar | editar a fonte]

En outubro de 2011, con motivo das eleccións xerais do 20 de novembro do 2011, o Partido Comunista del Pueblo Castellano (PCPC), sección castelán-leonesa do PCPE, emite un comunicado público no que anuncia que non concorrerá ao devandito proceso electoral,[1] contradicindo a decisión tomada pola dirección central do PCPE para toda España de concorrer en todas as cirunscripcións electorais posibles. Finalmente, trala expulsión dos militantes rebeldes de Valladolid e a baixa, por principios ideolóxicos e morais, da organización da totalidade dos militantes de Segovia e Palencia, publícase na rede unha "declaración de principios" de Comunistas de Castilla, na que aseguran que pretenden construír un proxecto de soberanía e socialismo para Castela.

O primeiro grande acto público de Comunistas de Castilla foi a celebración do 23 de abril (reivindicado coma "Día Nacional de Castela", e celebrado oficialmente como Día de Castela e León) de 2012 na localidade de Villalar de los Comuneros.[2][3][4] Na carpa que rexentaban, podíanse ver bandeiras castelanistas comuneiras moradas, bandeiras republicás e bandeiras coa fouce e o martelo.

Segundo a páxina web da organización,[5] Comunistas de Castela conta con presenza en Madrid, Palencia, Segovia e Valladolid.

  1. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 18 de decembro de 2012. Consultado o 18 de decembro de 2012. 
  2. http://castillasocialista.org/?p=2654
  3. http://castillasocialista.org/?p=2662
  4. http://castillasocialista.org/?p=2675
  5. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 18 de outubro de 2013. Consultado o 17 de outubro de 2013. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]