Partido del Progreso de las Ciudades y las Comarcas de Castilla y León

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

O Partido del Progreso de las Ciudades de Castilla y León (PP.CC.AL., Partido do Progreso das Cidades e das Bisbarras de Castela e León en galego) foi un partido político da comunidade autónoma de Castela e León, con sede en San Andrés del Rabanedo (León) e entón definíase como leonesista. O seu líder e presidente é David Fernández Vaquero.

Inscribiuse no rexistro de partidos do Ministerio do Interior o 11 de xullo de 2006, aínda que afirman ter comezado a súa actividade política dende 2003 cando comezaron a tomar contacto os impulsores do partido e desenvolver a súa pautas estatutarias. A decisión de crear este novo partido xorde trala ruptura na Unión do Pobo Leonés (U.P.L.) que supuxo a marcha desta formación política do seu presidente José María Rodríguez de Francisco quen formou o Partido Autonomista Leonés - Unión Leonesista (P.A.L.-U.L.).

Declaraban o final do leonesismo tradicional. O seu principal obxectivo era o recoñecemento da Rexión Leonesa dentro da comunidade autónoma de Castela e León. Dende círculos leonesistas acusóuselles de ser unha marca de ocasión para intentar obter votos entre o electorado leonesista.

Nas eleccións municipais de maio de 2007, as primeiras ás que se presentaron, lograron unha pequena representación institucional, consistente nun concelleiro no municipio de Riaño e outro na Xunta Veciñal de Arcahueja (unha localidade do Alfoz da capital leonesa).

Nas eleccións autonómicas dese ano concorreron dentro da coalición ACAL (Alternativa por Castilla y León) xunto con outros partidos rexionalistas como Tierra Comunera (TC) ou o Partido de El Bierzo (PB).

En xaneiro de 2009 o seu perfil ideolóxico virou bruscamente cara posicións castelanistas. Ese mesmo ano anunciouse a súa integración no Partido de Castilla y León, denominación do Partido Castellano na devandita comunidade autónoma.[1]

Notas[editar | editar a fonte]