Castela Unida (concepto político)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Territorio que reclama o nacionalismo castelán e considera que é a súa territorialidade

Castela Unida ou Gran Castela son termos utilizados polo nacionalismo castelán[Cómpre referencia] para definiren o seu ámbito de actuación. Con eles apélase ao desexo da unificación das actuais Comunidades autónomas castelás (Comunidade de Madrid, Castela-A Mancha, Castela e León, A Rioxa e Cantabria) nun único ente administrativo (reclamada polos nacionalistas casteláns como a súa patria nacional, e que consideran erroneamente dividida) baixo o título de Nacionalidade Histórica, tendo Madrid como o seu capital.

Dentro desta proposta, existen dúas correntes diferenciadas:[Cómpre referencia]

- A corrente rexionalista (e predominante[Cómpre referencia]), que reclama unha Gran Castela dentro do actual marco autonómico español e mantendo o título de rexionalidade.

- A vía nacionalista (a minoritaria[Cómpre referencia]) que reclama un Estado federal onde se contemple unha Gran Castela como nación diferenciada dentro dunha España plural e democrática. Dentro deste movemento adóitase facer referencia a unha "reconstrución da patria" reclamando enclaves historicamente pertencentes a Castela e, actualmente, noutras Comunidades autónomas como é o caso da bisbarra de Requena-Utiel na provincia de Valencia entre outros.[Cómpre referencia]

Recentemente desenvolvéronse movementos nacionalistas étnicos e identitarios de corte castelanista,[Cómpre referencia] se ben, estes son moi marxinais e sen un líder común.[Cómpre referencia]