Asociación para la Integración de Cantabria en Castilla y León

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Asociación para la Integración de Cantabria en Castilla y León
Tipoorganización
PaísEspaña
editar datos en Wikidata ]

A Asociación para la Integración de Cantabria en Castilla y León (AICC) foi unha asociación castelanista de carácter cultural con sede en Santander. Entre as súas reivindicacións encontrábanse a incorporación de Cantabria a Castela e León como provincia, a cooficialidade en Cantabria da bandeira de Castela e León de Castela e León e o restablecemento do inactivo Consello de Comunidades Castelás así como a inclusión de Cantabria neste.

Historia[editar | editar a fonte]

Xurdida en Santander en asemblea constituínte o 18 de novembro de 1999, a AICC foi fundada por persoas de pensamento castelanista afíns ao ideario de partidos como Tierra Comunera. Presentouse esta asociación ao público o 19 de outubro de 2001, sendo presidente desta Rafael Sebrango.

O feito de non contar o castelanismo con representación política en Cantabria (nin TC nin IZCA) levou a varios membros da AICC a fundar en 2006 o partido La Unión, o que provocou que dende ese momento a asociación careza de actividade para efectos prácticos. Tras ser designado coma presidente de La Unión Rafael Sebrango abandonou a presidencia da AICC, quedando este posto en mans de Ángel Arozamena.