José Luis Garci
Saltar ata a navegación
Saltar á procura
José Luis Garci | |
---|---|
![]() | |
Nacemento | 20 de xaneiro de 1944 |
Madrid | |
Nacionalidade | España |
Alma máter | Universidade de Madrid |
Ocupación | director de cinema, guionista, produtor de cine, presentador de televisión, escritor e actor de cinema |
Cónxuxe | Andrea Tenuta |
Coñecido por | Volver a empezar, Asignatura aprobada e ¡Qué grande es el cine! |
Premios | Alcalá City Award |
[ editar datos en Wikidata ] | |
José Luis García Muñoz, máis coñecido como José Luis Garci, nado en Madrid o 20 de xaneiro de 1944, é un produtor, crítico, presentador de televisión, autor literario, guionista e director de cine español.
Biografía[editar | editar a fonte]
Debutou na industria cinematográfica como guionista a comezos da década dos '70, escribindo para xente como Antonio Giménez Rico, León Klimovsky, Pedro Olea, Eloy de la Iglesia, Antonio Drove ou Roberto Bodegas.
En 1977 debutaría dirixindo longametraxes con Asignatura pendiente (película protagonizada por José Sacristán e Fiorella Faltoyano). En 1982 rodou Volver a empezar, película coa que conseguiría o Óscar ó mellor filme estranxeiro. O seu último traballo é Tiovivo c. 1950 (2004).
Filmografía[editar | editar a fonte]
- 1977 — Asignatura pendiente
- 1978 — Solos en la madrugada
- 1979 — Las verdes praderas
- 1981 — El crack
- 1982 — Volver a empezar
- 1983 — El crack II
- 1984 — Sesión continua
- 1987 — Asignatura aprobada
- 1994 — Canción de cuna
- 1997 — La herida luminosa
- 1998 — El abuelo
- 2000 — You're the One (una historia de entonces)
- 2002 — Historia de un beso
- 2003 — Hotel Danubio
- 2004 — Tiovivo c. 1950
- 2005 — Ninette
- 2007 — Luz de domingo
- 2008 — Sangre de mayo
- 2012 — Holmes & Watson. Madrid Days