Isao Takahata
Isao Takahata | |
---|---|
![]() | |
Nacemento | 29 de outubro de 1935 |
Lugar de nacemento | Ise |
Falecemento | 5 de abril de 2018 |
Lugar de falecemento | Toquio |
Causa | cancro de pulmón |
Nacionalidade | Xapón |
Etnia | Yamato |
Alma máter | Universidade de Toquio |
Ocupación | director de cinema, guionista, Intendente, diretor de animação, animador, produtor e tradutor |
Coñecido por | Hotaru no haka |
Premios | Medalha de Honra da Fita Roxa, Oficial das Artes e das Letras, Prémio Noburō Ōfuji, sen etiquetar, Mainichi Film Award for Best Animation Film, Festival de cinema de animação de Annecy e Winsor McCay Award |
Na rede | |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Isao Takahata (高畑 勲 Takahata Isao?), nado o 29 de outubro de 1935 en Ujiyamada (hoxe Ise) (prefectura de Mie) e finado o 5 de abril de 2018, foi un director de cine, animador, guionista e produtor xaponés. Acadou o recoñecemento da crítica internacional polo seu traballo como director de cine de anime. Takahata é co-fundador de Studio Ghibli xunto co seu compañeiro Hayao Miyazaki. Dirixiu filmes con temática bélica como Hotaru no haka, o drama romántico Omohide Poro Poro, a aventura ecoloxista Heisei Tanuki Gassen Ponpoko e a comedia Hōhokekyo Tonari no Yamada-kun. O filme Hotaru no haka está considerado polo crítico de cine Roger Ebert un dos mellores filmes de guerra feito xamais.[1] A diferenza da maioría dos directores de anime, Takahata non debuxou nin nunca traballou como animador antes de converterse en director.
Segundo Hayao Miyazaki, "Música e estudo son as súas afeccións". Naceu na mesma vila que o tamén director Kon Ichikawa. Takahata gradouse na Universidade de Toquio en literatura francesa en 1959.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Roger Ebert (March 19, 2000). "Grave of the Fireflies (1988)". rogerebert.com. Arquivado dende o orixinal o 17 de xaneiro de 2013. Consultado o 2006-12-26.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Ficha na IMDb (en inglés)