Ang Lee

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Ang Lee
Nacemento23 de outubro de 1954
Lugar de nacementoChaozhou
NacionalidadeTaiwán
Relixiónbudismo
Alma máterNew York University Tisch School of the Arts, Universidade de Illinois en Urbana-Champaign, National Taiwan University of Arts e University of Illinois College of Fine and Applied Arts
Ocupacióndirector de cinema, guionista, escritor, produtor de cinema e realizador
PaiLee Sheng
CónxuxeJane Lin
FillosMason Lee e Haan Lee
IrmánsGang Lee
Coñecido porWò hǔ cáng lóng, Brokeback Mountain, Pushing Hands, O Banquete de Casamento, Yin shi nan nu, Sense and Sensibility, The Ice Storm, Cabalga co demo, Chosen, Sè, Jiè, Taking Woodstock, Life of Pi e Billy Lynn's Long Halftime Walk
PremiosPrêmio Cinematográfico de Hong Kong para Melhor Diretor, cabaleiro da orde das Artes e as Letras, premios do Sindicato de Directores, Óscar ó mellor director, Óscar ó mellor director, Golden Horse Award for Best Director, Golden Horse Award for Best Director, Globo de Ouro ó mellor director, BAFTA de melhor filme em língua não inglesa, lista de filmes premiados com o BAFTA de melhor diretor, León de Ouro, Oso de Ouro, Oso de Ouro, Order of Brilliant Star, Fellow of the American Academy of Arts and Sciences, National Board of Review Award for Best Film, Cabaleiro da Lexión de Honra, Premio Hugo á mellor presentación dramática, Asia's Most Influential Taiwan e Dallas-Fort Worth Film Critics Association Award for Best Director
Na rede
IMDB: nm0000487 Allocine: 16585 Rottentomatoes: celebrity/ang_lee Allmovie: p166472 TCM: 110811
Musicbrainz: d5d8a662-4da1-4750-ab1a-e436ee324dde Discogs: 1906122 WikiTree: Lee-47567 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Ang Lee (en chinés: 李安; en Pinyin: Lǐ Ān), nado en Chaochou (Pingtung) o 23 de outubro de 1954 é un director de cine taiwanés. A maior parte dos seus filmes analizan as interaccións entre a modernidade e as tradicións. Polos seus traballos foi premiado, entre outros, con dous Oscar á mellor dirección por Brokeback Mountain e Life of Pi, o Óscar ó mellor filme en lingua non inglesa por Wò hǔ cáng lóng, con dous Osos de Ouro por Xǐyàn e Sense and Sensibility e con dous Leóns de Ouro ao Mellor Filme por Brokeback Mountain e Sè, Jiè.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Despois de diplomarse en 1975 na National Taiwan College of Arts, Lee decide marchar aos Estados Unidos en 1978. Consegue diplomarse en teatro na Universidade de Illinois e inscríbese na de Nova York, onde estuda produción cinematográfica. En 1983 casa con Jane Lin coa que tivo dous fillos. Aínda seguen casados.

O primeiro filme de éxito foi Tuī shǒu (Pushing Hands), que narra as vivencias dun ex-mestre de Tai chi que vai vivir a Nova York coa familia do fillo. O filme gaña o Oso de Ouro no Festival de Berlín en 1992. No seguinte ano volverá triunfar no mesmo festival coa obra Xǐyàn (The Wedding Banquet). Estas dúas obras, xunto coa seguinte Yǐn Shí Nán Nǚ (Eat Drink Man Woman), que obtén un nomeamento aos Oscar, constitúen unha triloxía denominada "Father knows best".

En 1995 dirixe a adaptación cinematográfica de Sense and Sensibility, do libro de Jane Austen. O filme consegue sete nomeamentos aos Oscar, un Globo de Ouro como Mellor Filme e, novamente, o Oso de Ouro en Berlín.

O seguinte traballo é a dramática The Ice Storm, sobre a insatisfacción de dúas familias americanas no momento do escándalo do Watergate, ao que segue Cabalga co demo, dedicado ás vivencias durante a guerra de secesión americana.

En 2000 dirixe Wò hǔ cáng lóng, un wuxia, isto é un filme de artes marciais, visionario, ambientado na China do século XIX. O filme acada un éxito notable de público e crítica, e convértese no filme de lingua non inglesa con maiores ingresos da historia do cinema. Gran parte deste éxito é debido ás coreografías acrobáticas do mestre Yuen Wo Ping (tamén autor do combate de Matrix). O filme gaña o Oscar e o Golden Globe como Mellor Filme en lingua non inglesa.

A súa seguinte produción é Hulk, que non consegue o éxito esperado. En 2005 torna o éxito coa obra Brokeback Mountain, unha longametraxe romántica dedicada ao amor homosexual de dous cowboys. O filme vence o León de Ouro ao Mellor Filme no Festival de Cine de Venecia e moitos outros premios, como tres Oscar e catro Globos de Ouro en 2006. En 2007 volve gañar o León de Ouro polo Mellor Filme con Sè, Jiè (Lust, Caution).

Filmes[editar | editar a fonte]

Director[editar | editar a fonte]

Guionista[editar | editar a fonte]

Actor[editar | editar a fonte]

Editor[editar | editar a fonte]

Produtor[editar | editar a fonte]

Premios[editar | editar a fonte]