Trois couleurs (triloxía)
Trois couleurs é unha tríloxía cinematográfica do director polaco Krzysztof Kieślowski, que foi estreada entre 1993-1994.
Filmografía[editar | editar a fonte]
Esta triloxía está composta por:
- Trois couleurs: Bleu, dirixido por Krzysztof Kieślowski, estreado en 1993, que conseguiu o León de Ouro no Festival de Venecia.
- Trois couleurs: Blanc, dirixido por Krzysztof Kieślowski, estreado en 1994, que conseguiu o Oso de Prata do Festival de Berlín á mellor dirección.
- Trois couleurs: Rouge, dirixido por Krzysztof Kieślowski, estreado en 1994 no Festival de Cannes de 1994 e que conseguiu 3 nomeamentos ao Oscar de 1995 e 6 nomeamentos e un César á mellor banda sonora de 1995.
Ficha técnica[editar | editar a fonte]
Título | Bleu (1993) | Blanc (1994) | Rouge (1994) |
---|---|---|---|
Director | Krzysztof Kieślowski | ||
Guionistas | Krzysztof Kieślowski | ||
Krzysztof Piesiewicz | |||
Produtor | Marin Karmitz | ||
Música | Zbigniew Preisner | ||
Son | Jean-Claude Laureux | ||
Decoración | Claude Lenoir | ||
Fotografía | Sławomir Idziak | Edward Kłosiński | Piotr Sobociński |
Montaxe | Jacques Witta | Urszula Lesiak | Jacques Witta |
Estrea (en Francia) | 8 de setembro de 1993 | 26 de xaneiro de 1994 | 14 de setembro de 1994 |
Duración | 100 minutos | 91 minutos | 99 minutos |
Recadación | 1.239.919 $ | ? | 821.025 $ |
Categoría | Película dramática | ||
Distribuidor | MK2 |
Distribución[editar | editar a fonte]
Personaxes | Películas | ||
---|---|---|---|
Bleu (1993) | Blanc (1994) | Rouge (1994) | |
Julie Vignon-de Courcy | Juliette Binoche | ||
Olivier Benoit | Benoît Régent | ||
Sandrine | Florence Pernel | ||
Madame Vignon | Emmanuelle Riva | ||
o xornalista | Hélène Vincent | ||
o axente inmobiliario | Philippe Volter | ||
o médico | Claude Duneton | ||
Patrice de Courcy | Hugues Quester | ||
Karol Karol | Zbigniew Zamachowski | ||
Dominique Vidal | Julie Delpy | ||
Mikołaj | Janusz Gajos | ||
Jurek | Jerzy Stuhr | ||
Sr Bronek | Jerzy Trela | ||
Valentine Dussaut | Irène Jacob | ||
Joseph Kern, o xuíz | Jean-Louis Trintignant | ||
Auguste Bruner | Jean-Pierre Lorit | ||
o fotógrafo | Samuel Le Bihan |
Análise[editar | editar a fonte]
Estas tres películas foron os primeiros grandes éxitos de Kieślowski fóra de Polonia e son probablemente as súas obras máis aclamadas despois de Dekalog. O crítico Roger Ebert denominou a triloxía unha obra mestra. De xeito máis xeral, considérase unha grande obra de cine moderno.
Azul, branca e vermella son as cores da bandeira francesa, e o tema de cada película está baseado nun dos tres termos do lema de Francia a partir da revolución: "Liberdade, Igualdade, Fraternidade". Do mesmo xeito que os Dez Mandamentos de Dekalog (O decálogo), Kieślowski ilustra estes valores con ambigüidade e ironía. De igual xeito, cada película desenvólvese en diferentes cidades do mundo: Bleu en París (Francia), Blanc en Varsovia (Polonia) e Rouge en Xenebra (Suíza).[1]
Cada película comeza do mesmo xeito: escóitase un ruído e entón vese que o produce. Cada vez, o obxecto en cuestión ten un papel determinante no transcurso da historia: o coche accidentado en Bleu, a maleta en Blanc e a testemuña do teléfono en Rouge. Tamén as tres películas rematan do mesmo xeito entre bágoas: en Bleu, Julie é a que chora; en Blanc, chora Karol e en Rouge, é o xuíz Kern.[2]
As tres historias son independentes mais, con todo, hai elementos comúns entre as tres películas nos que se traduce o pensamento do director. Un deles é o personaxe dunha vella que intenta botar unha botella nunha colector de refugallos que está en relación cos personaxes femininos e os conceptos do mundo de Kieślowski. Así, Julie (Bleu=liberdade), absorbida pola súa tristura, non se decata do esforzo da vella que non consegue chegar á abertura (xeralmente, interpretado como que a liberdade implica unha certa soidade e o prezo a pagar por esta); por outra banda, Karol (Blanc=igualdade) miraba cun sorriso irónico como a vella dá colocada a botella na beira da boca do colector e non consegue introducila (Kieślowski, presenta un concepto de igualdade mal entendida cando falta a solidariedade); finalmente, Valentine (Rouge=fraternidade) axúdaa a empurra-la botella no recipiente, expresando que a fraternidade entre as persoa é motivo de esperanza.[2] Quizais poidamos ver a evolución do personaxe principal a través da triloxía e, polo tanto, unha mensaxe alentadora xa que é a fraternidade e a axuda mutua quen superan a indiferenza e a burla.
Rouge marcou o final da carreira de Krzysztof Kieślowski, sendo a derradeira película filmada por el. Durante o show "Bouillon de Culture" en 1994, entrevistado por Bernard Pivot, o director afirmou: "Eu paro, estou canso do cine. O cambio é para min un estrés demasiado desproporcionado en comparación coa satisfacción que ofrece. Decidín, paro!".[3] Xa anunciara, no comezo da triloxía que cando a rematara abandonaría a dirección: Rouge, estréase en 1994 e no cumio do éxito, e cunha fráxil saúde acabou morrendo en 1996.[2]
Arredor da película[editar | editar a fonte]
- O concepto de uni-los personaxes nunha serie de películas xa foi usada na película L'Amour l'après-midi de Éric Rohmer, sexto e derradeiro episodio de Six contes moraux en 1972 (algúns personaxes das películas anteriores aparecen nunha escena de soño) e foi retomada pola Trilogie de Lucas Belvaux en 2002.
- A triloxía cítase no episodio 12 da 4ª temporada da serie estadounidense Community, na que os personaxes descubriron que estaban relacionados por unha ligazón antes de se coñeceren, como acontecía no epílogo de Rouge.
- A triloxía Blood and Ice Cream Trilogy, de Edgar Wright rende homenaxe a Trois Couleurs, dando a cada película unha cor distintiva: vermella para a película de terror, azul para a película policíaca e verde para a película de ciencia ficción alieníxena.
- Outra chiscadela: ao final de Rouge, entre os superviventes do accidente de transbordador, atopamos personaxes de Blanc e de Bleu.
- Suíza, escolleu Rouge como a película que a representou na cerimonia dos Oscar. Porén foi descalificada pola academia porque non cumpría os requisitos para ser presentada ao premio á mellor película estranxeira. O distribuidor, Harvey Weinstein, conseguiu que 60 personaxes coñecidos de Hollywood asinaran unha petición para que se reconsiderara a medida. Fracasaron e a película foi descartada mais Suíza se negou a buscar outra película que substituíra á anterior. Aínda así, a obra de Kieślowski foi nomeada a mellor dirección, guión e fotografía, sen levar ningún dos premios.[2]
Premios[editar | editar a fonte]
- Gran Premio 1994 da UPCB / UBFP (Unión da prensa cinematográfica belga).
- César da mellor música escrita para unha película (Zbigniew Preisner) en 1995.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ "La trilogía 'Tres colores (Azul, Blanco y Rojo)', de Kieslowski, volverá a la gran pantalla". 20minutos.es (en castelán). 08-02-2016. Consultado o 26-04-2019.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 2,3 Carrasco, Manel (11-03-2016). "15 claves que quizá no conozcas sobre "Tres colores"". filmin.es (en castelán). Consultado o 26-04-2019.
- ↑ Bouillon de Cultures - 9 setembro 1994 - France 2
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
![]() |
A Galipedia ten un portal sobre: Cine |
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- Kieślowski, Krzysztof (2006). Le Cinéma et moi (en francés). París: Éditions Noir sur Blanc. ISBN 2-88250-173-0.