Jan Švankmajer
(2009) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 4 de setembro de 1934 (90 anos) Praga, República Checa |
Educación | Faculty of Theatre, Academy of Performing Arts in Prague (en) |
Actividade | |
Campo de traballo | Artes visuais, filme e literatura |
Lugar de traballo | República Checa |
Ocupación | director de cinema, realizador, ceramista, artista gráfico, comisario de arte, deseñador de produción, debuxante, escenógrafo, puppet designer (en) , pintor, escultor, poeta, animador, guionista, fotógrafo, guionista de cinema |
Período de actividade | 1964 - |
Obra | |
Obras destacables
| |
Familia | |
Cónxuxe | Eva Švankmajerová |
Descrito pola fonte | Obálky knih, Records of persons of interest (en) |
Jan Švankmajer, nado en Praga o 4 de setembro de 1934, é un cineasta e artista gráfico checo, cuxa obra se estende por diversos medios. Autodefínese como surrealista, coñecido polas súas animacións e características surrealistas que influíron, entre outros, a Terry Gilliam, ou aos Irmáns Quay.[1]
Nos seus filmes, Svankmajer traballa con bonecos, empregando a técnica de stop motion. Tamén ten empregado actores reais, máquinas, figuras de arxila, bonecas antigas, esqueletos de animais e outras moitas cousas. Consegue crear un clima de pesadelo, o que non impide que os seus filmes sexan, alo menos en certo modo, divertidos. Tense inspirado nas obras de autores como Edgar Allan Poe, Lewis Carroll e a lenda xermánica do Doutor Fausto (que serviu de inspiración a moitos outros autores).
Estivo casado con Eva Švankmajerová, pintora surrealista, ceramista e escritora de sona mundial, que faleceu en outubro de 2005. Eva colaborou en varias das películas de Švankmajer como Fausto, Otesánek e Alis.
Filmes
[editar | editar a fonte]Lomgametraxe
[editar | editar a fonte]Ano | Título en galego | Título orixinal |
---|---|---|
1988 | Alis | Něco z Alenky |
1994 | Fausto | Lekce Faust |
1996 | Conspiradores do Placer | Spiklenci slasti |
2000 | Pequeno Otik | Otesánek |
2005 | Loucura | Šílení |
2006 | O osario e outros contos colección Kimstim | The Ossuary & Other Tales Kimstim collection |
2010 | Sobrevivir á vida | Přežít svůj život |
2015 | Insectos | Hmyz |
Curtametraxes
[editar | editar a fonte]Ano | Título en galego | Título orixinal | |
---|---|---|---|
1964 | O último truco | Poslední trik pana Schwarcewalldea a pana Edgara | |
1965 | Johann Sebastian Bach: Fantasía en G menor | Johann Sebastian Bach: Fantasia G-moll | |
1965 | Un xogo con pedras | Spiel mit Steinen | |
1966 | Punch and Judy | Rakvičkárna | |
1966 | Et Cetera | Et Cetera | |
1967 | Historia Naturae (Suita) | Historia Naturae (Suita) | |
1968 | O xardín | Zahrada | |
1968 | O piso | Byt | |
1968 | Picnic con Weissmann | Picknick mit Weissmann | |
1969 | Unha semana tranquila na casa | Tichý týden v domě | |
1970 | Don Xoán | Don Šajn | |
1970 | Kostnice | ||
1971 | Jabberwocky | Žvahlav aneb šatičky slaměného Huberta | |
1972 | Diario de Leonardo | Leonardův deník | |
1973-79 | Castelo de Otranto | Otrantský zámek | |
1980 | A caída da casa de Usher | Zánik domu Usherů | |
1982 | Dimensións do Diálogo | Možnosti dialogu | |
1983 | Ao soto | Do pivnice | |
1983 | O péndulo, o pozo e a esperanza | Kyvadlo, jáma a naděje | |
1988 | Xogos Virís | Mužné hry | |
1988 | Outro tipo de amor | Another Kind of Love | |
1988 | Amor de carne | Zamilované maso | |
1989 | Escuridade/Luz/Escuridade | Tma, světlo, tma | |
1989 | Flora | Flora | |
1989 | Autorretratos animados | Animated Self-Portraits | |
1990 | A morte do Stalinismo en Bohemia | Konec stalinismu v Čechách | |
1992 | Comida | Jídlo |
Animación e gadgets
[editar | editar a fonte]Ano | Título en galego | Título orixinal | Director |
---|---|---|---|
1978 | Cea para Adela | Adéla ještě nevečeřela | Oldřich Lipský |
1981 | O Misterioso Castelo nos Cárpatos | Tajemství hradu v Karpatech | Oldřich Lipský |
1982 | Vampiro Ferat | Upír z Feratu | Juraj Herz |
1984 | Tres Veteráns | Tři veteráni | Oldřich Lipský |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Solomon, Charles (1991-07-19). "Brooding Cartoons From Jan Svankmajer". LA Times.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Commons ten máis contidos multimedia sobre: Jan Švankmajer |