Margarethe von Trotta

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaMargarethe von Trotta

(2023) Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento21 de febreiro de 1942 Editar o valor em Wikidata (82 anos)
Berlín Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeAlemaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Múnic Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacióndirectora de cine , actriz de cinema , guionista , actriz , realizadora Editar o valor em Wikidata
Período de actividade1965 Editar o valor em Wikidata -
EmpregadorEuropean Graduate School (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Partido políticoPartido Socialdemócrata de Alemaña Editar o valor em Wikidata
Membro de
MovementoNovo cinema alemán Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua alemá Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxeVolker Schlöndorff (1971–1991)
FillosFelix Moeller (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Premios

IMDB: nm0903137 Allocine: 5102 Allmovie: p118404 TV.com: people/margarethe-von-trotta Editar o valor em Wikidata

Margarethe von Trotta, nada en Berlín o 21 de febreiro de 1942, é unha directora, actriz e guionista de cine alemá e membro do movemento de Novo cine alemán.[1]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Margarethe von Trotta (xaneiro de 2013)

Filla do pintor Alfred Roloff e da aristócrata Elisabeth von Trotta, desde os seus anos formativos vinculouse aos estudos humanistas. A partir de 1965, comezou a traballar profesionalmente como actriz.

No cine colaborou en películas de corte vangardista co controvertido Herbert Achternbusch e o coñecido Rainer Werner Fassbinder.

En 1964 casou co editor Jürgen Moeller, pai do seu fillo o cineasta Felix Moeller e en segundas nupcias en 1971 con Volker Schlöndorff, co que formou unha parella creativa, desempeñándose como guionista en traballos como Die verlorene Ehre der Katharina Blum (1975).[2]

Margarethe Von Trotta é directora emblemática da corrente do Novo cine alemán[3] da década do 70, desde a cal xurdiron importantes figuras como Fassbinder, Schlöndorff, Werner Herzog e Wim Wenders. Mostrou un cine consistente que posúe unha visión particular e crítica da muller alemá e da súa complexa inserción na historia do século XX.[3]

Os seus traballos, nos seus principios, foron catalogados polos críticos como "feministas". Realizou retratos acabados onde as mulleres expoñen a súa diversidade social e os individuos son explicados desde un interesante sentido histórico desde o cal, o presente non se pode desvincular do seu pasado.

Recibiu distincións internacionais como o León de Ouro do Festival Internacional de Cine de Venecia por Die bleierne Zeit e o Premio David di Donatello da Academia de Cine Italiano á mellor película europea para Rosenstrasse.

Filmografía[editar | editar a fonte]

  • Forget About Nick (2017)
  • Die abhandene Welt (2015)
  • Hannah Arendt (2012)
  • Vision – Aus dem Leben der Hildegard von Bingen (2009)
  • Ich bin die Andere (2006)
  • Rosenstrasse (2003)
  • Das Versprechen (1994)
  • Zeit des Zorns (1993)
  • Die Rückkehr (1990)
  • Felix (1988)
  • Fürchten und Lieben (1987)
  • Rosa Luxemburg (1986)
  • Heller Wahn (1983)
  • Die bleierne Zeit (1981)
  • Schwestern oder die Balance des Glücks (1979)
  • Das zweite Erwachen der Christa Klages (1978)
  • Die verlorene Ehre der Katharina Blum (1975)

Literatura[editar | editar a fonte]

  • Gero von Boehm. Margarethe von Trotta. 24 de agosto de 2003. Entrevista en Begegnungen. Menschenbilder aus drei Jahrzehnten. Collection Rolf Heyne, Múnic 2012, ISBN 978-3-89910-443-1, p. 426–434
  • Thilo Wydra. Margarethe von Trotta – Filmen, um zu überleben. Henschel, Berlin 2000, ISBN 3-89487-359-0.
  • Thilo Wydra. Rosenstraße. Die Geschichte. Die Hintergründe. Die Regisseurin. Nicolai, Berlin 2003, ISBN 3-89479-086-5.
  • Dinara Maglakelidze. "Entrevista con Margarethe von Trotta. En: Nationale Identitäten in den westdeutschen und georgischen Autorenfilmen, VDM Verlag, Dr. Müller, 2008, ISBN 978-3-8364-9006-1, p. 232-239
  • Renate Möhrmann. Frauen erobern sich einen neuen Artikulationsort: den Film. En: Hiltrud Gnüg e Renate Möhrmann (eds.) Frauenliteraturgeschichte. Schreibende Frauen vom Mittelalter bis zur Gegenwart. J.B.Metzlersche Verlagsbuchhandlung Stuttgart 1985, ISBN 3 476 00585 2, p. 434–452, insbesondere p. 449.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Margarethe von Trotta Arquivado 24 de setembro de 2015 en Wayback Machine. en European Graduate School, consultado o 14 de maio 2010.
  2. "Copia archivada". Arquivado dende o orixinal o 08 de decembro de 2008. Consultado o 7 de maio de 2012.  "Margarethe Von Trotta." German Flicks. HyperEd. Web. 2 de maio 2012.
  3. 3,0 3,1 "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 10 de xaneiro de 2012. Consultado o 7 de maio de 2012.  "Birds Eye View: Filmmaker Focus: Margarethe Von Trotta." 2011 Film Festival: Celebrating Women Filmmakers. Birds Eye View. Web. 2 de maio 2012.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]