Les Roseaux sauvages

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Les Roseaux sauvages
Ficha técnica
Título orixinalLes Roseaux sauvages
DirectorAndré Téchiné
ProdutorGeorges Benayoun
Alain Sarde
GuiónOlivier Massart
Gilles Taurand
André Téchiné
IntérpretesÉlodie Bouchez
Gaël Morel
Stéphane Rideau
Frédéric Gorny
FotografíaJeanne Lapoirie
MontaxeMartine Giordano
DistribuidoraPan Européenne Distribution
Estrea1 de xuño de 1996
Duración110 minutos
Orixe Francia
XéneroDrama
Orzamento3,8 millóns de dólares
Recadación5,2 millóns de dólares
Na rede
IMDB: tt0111019 Filmaffinity: 109311 Allocine: 10134 Rottentomatoes: m/wild_reeds Mojo: wildreeds Allmovie: v134121 TCM: 95883 Metacritic: movie/wild-reeds TV.com: movies/les-roseaux-sauvages Netlix: 7774485Editar o valor em Wikidata

Les Roseaux sauvages é un filme francés de 1994 dirixido por André Téchiné. O filme trata do espertar de catro adelescentes e a súa transición á adultez a finais da guerra de Independencia de Alxeria. Foi escollido como candidato de Francia para o Óscar ó mellor filme internacional na 67ª edición dos premios, mais finalmente non foi nomeado.[1]

Sinopse[editar | editar a fonte]

Suroeste de Francia, 1962. Dous adolescentes, François e Maïté, acoden a unha voda. Un militar casa cunha campesiña para evitar volver a Alxeria a facer a guerra. Este pídelle á nai de Maïté, a Sra. Álvarez, responsable da célula local do partido comunista e profesora do seu irmán, que o axude a desertar, mais ela négase porque o partido, igual que o presidente de Gaulle, apoia a independencia. François atópase co irmán do soldado, Serge, que lle pide axuda para a materia de francés. François acepta e ao ir facéndose máis amigo de Serge dáse de conta de que prefire os mozos. Sincérase con Maïté, que non se sente atraída por ninguén e rexeita de momento a sexualidade.

Personaxes[editar | editar a fonte]

Os protagonistas, Gaël Morel e Élodie Bouchez, promocionando o filme no Festival de Cannes de 1994.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Margaret Herrick Library, Academy of Motion Picture Arts and Sciences

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]