Sociedade Deportiva Compostela: Diferenzas entre revisións
Sen resumo de edición |
Sen resumo de edición |
||
Liña 101: | Liña 101: | ||
=== O rexurdimento: II Parte === |
=== O rexurdimento: II Parte === |
||
En febreiro de 2011, Antonio Quinteiro, un empresario de [[Lestedo]] que de xove xogara nas categorías inferiores do club, comproulle o club a [[José María Caneda|Caneda]] coa intención de sanealo e de levalo de novo a categoría profesional.<ref>http://sd-compostela.blogspot.com.es/2011/02/es-definitivo.html</ref> Así, unha directiva renovada, procedente da área empresarial e profesional e coñecedora do mundo futbolístico, fíxose cargo dun equipo que ía á deriva a comezos de 2011 tras adquirir todos os dereitos legais, facer fronte ás débedas acumuladas e lograr a recuperación do nome fundacional,<ref> [http://www.elpais.com/articulo/Galicia/nuevo/futuro/Compostela/elpepiautgal/20110314elpgal_12/Tes]</ref> extremo confirmado pola [[Federación Galega de Fútbol|FGF]] o 22 de xullo de 2011.<ref>http://www.lavozdegalicia.es/deportes/2011/07/23/0003_201107S23C10996.htm</ref> Desde entón a entidade volve denominarse SD Compostela e ten entre os seus retos inmediatos volver ás categorías de honra do fútbol español co apoio de toda a cidade e a comarca. Nesa primeira tempada do novo equipo directivo, a [[Preferente Autonómica de Galicia 2010/11|2010/2011]], o equipo logrou endereitar o rumbo na segunda volta, pero rematou a liga na oitava posición, lonxe dos postos de ascenso. |
En febreiro de 2011, Antonio Quinteiro, un empresario de [[Lestedo, Boqueixón|Lestedo]] que de xove xogara nas categorías inferiores do club, comproulle o club a [[José María Caneda|Caneda]] coa intención de sanealo e de levalo de novo a categoría profesional.<ref>http://sd-compostela.blogspot.com.es/2011/02/es-definitivo.html</ref> Así, unha directiva renovada, procedente da área empresarial e profesional e coñecedora do mundo futbolístico, fíxose cargo dun equipo que ía á deriva a comezos de 2011 tras adquirir todos os dereitos legais, facer fronte ás débedas acumuladas e lograr a recuperación do nome fundacional,<ref> [http://www.elpais.com/articulo/Galicia/nuevo/futuro/Compostela/elpepiautgal/20110314elpgal_12/Tes]</ref> extremo confirmado pola [[Federación Galega de Fútbol|FGF]] o 22 de xullo de 2011.<ref>http://www.lavozdegalicia.es/deportes/2011/07/23/0003_201107S23C10996.htm</ref> Desde entón a entidade volve denominarse SD Compostela e ten entre os seus retos inmediatos volver ás categorías de honra do fútbol español co apoio de toda a cidade e a comarca. Nesa primeira tempada do novo equipo directivo, a [[Preferente Autonómica de Galicia 2010/11|2010/2011]], o equipo logrou endereitar o rumbo na segunda volta, pero rematou a liga na oitava posición, lonxe dos postos de ascenso. |
||
A seguinte campaña, a primeira completa de Quinteiro á fronte da nave compostelanista, o equipo proclamouse campión da [[Preferente Autonómica de Galicia 2011/12]] e ascendeu á [[Terceira División española|Terceira división]] da man do adestrador [[Anxo Casalderrey]], xusto no ano do seu 50 aniversario. Tan só un ano máis tarde, e xa con [[Alfredo Álvarez Paredes|Fredi Álvarez]] como adestrador, rematou a [[Terceira división española 2012/13|fase regular da Terceira]] ocupando o terceiro posto, o que lle outorgou o dereito a participar na fase de ascenso a [[Segunda División B española|Segunda B]]. O 30 de xuño de 2013 conseguiu o ansiado ascenso á [[Segunda División B española|categoría de bronce do fútbol español]] ao superar ao CD Cieza (2-0 e 0-2) na terceira eliminatoria do playoff, tras eliminar previamente ao CD Ebro (4-0 e 2-2) e á AD San Juan (3-0 e 1-1). |
A seguinte campaña, a primeira completa de Quinteiro á fronte da nave compostelanista, o equipo proclamouse campión da [[Preferente Autonómica de Galicia 2011/12]] e ascendeu á [[Terceira División española|Terceira división]] da man do adestrador [[Anxo Casalderrey]], xusto no ano do seu 50 aniversario. Tan só un ano máis tarde, e xa con [[Alfredo Álvarez Paredes|Fredi Álvarez]] como adestrador, rematou a [[Terceira división española 2012/13|fase regular da Terceira]] ocupando o terceiro posto, o que lle outorgou o dereito a participar na fase de ascenso a [[Segunda División B española|Segunda B]]. O 30 de xuño de 2013 conseguiu o ansiado ascenso á [[Segunda División B española|categoría de bronce do fútbol español]] ao superar ao CD Cieza (2-0 e 0-2) na terceira eliminatoria do playoff, tras eliminar previamente ao CD Ebro (4-0 e 2-2) e á AD San Juan (3-0 e 1-1). |
||
Liña 151: | Liña 151: | ||
! Cos mesmos goles |
! Cos mesmos goles |
||
|- |
|- |
||
| align="center" | [[Segunda división española 1991/92| |
| align="center" | [[Segunda división española 1991/92|1991/92]] |
||
| align="left" | {{GALb}} [[Pichi Lucas]] |
| align="left" | {{GALb}} [[Pichi Lucas]] |
||
| align="center" | 35 |
| align="center" | 35 |
||
Liña 159: | Liña 159: | ||
| align="center" | |
| align="center" | |
||
|- |
|- |
||
| align="center" | [[Segunda división española 1992/93| |
| align="center" | [[Segunda división española 1992/93|1992/93]] |
||
| align="left" | {{GALb}} [[Pichi Lucas]] |
| align="left" | {{GALb}} [[Pichi Lucas]] |
||
| align="center" | 28 |
| align="center" | 28 |
||
Liña 167: | Liña 167: | ||
| align="center" | |
| align="center" | |
||
|- |
|- |
||
| align="center" | [[Segunda división española 1993/94| |
| align="center" | [[Segunda división española 1993/94|1993/94]] |
||
| align="left" | [[Ficheiro:Flag of Nigeria.svg|20px]] [[Christopher Nusa Ohen|Ohen]] |
| align="left" | [[Ficheiro:Flag of Nigeria.svg|20px]] [[Christopher Nusa Ohen|Ohen]] |
||
| align="center" | 34 |
| align="center" | 34 |
||
Liña 175: | Liña 175: | ||
| align="center" | |
| align="center" | |
||
|- |
|- |
||
| align="center" | [[Primeira división española 1994/95| |
| align="center" | [[Primeira división española 1994/95|1994/95]] |
||
| align="left" | [[Ficheiro:Flag of Nigeria.svg|20px]] [[Christopher Nusa Ohen|Ohen]] |
| align="left" | [[Ficheiro:Flag of Nigeria.svg|20px]] [[Christopher Nusa Ohen|Ohen]] |
||
| align="center" | 31 |
| align="center" | 31 |
||
Liña 183: | Liña 183: | ||
| align="center" | |
| align="center" | |
||
|- |
|- |
||
| align="center" | [[Primeira división española 1995/96| |
| align="center" | [[Primeira división española 1995/96|1995/96]] |
||
| align="left" | {{DINb}} Bent Christensen |
| align="left" | {{DINb}} [[Bent Christensen]] |
||
| align="center" | 38 |
| align="center" | 38 |
||
| align="center" | 27 |
| align="center" | 27 |
||
Liña 191: | Liña 191: | ||
| align="center" | |
| align="center" | |
||
|- |
|- |
||
| align="center" | [[Primeira división española 1996/97| |
| align="center" | [[Primeira división española 1996/97|1996/97]] |
||
| align="left" | [[Ficheiro:Flag of Nigeria.svg|20px]] [[Christopher Nusa Ohen|Ohen]] |
| align="left" | [[Ficheiro:Flag of Nigeria.svg|20px]] [[Christopher Nusa Ohen|Ohen]] |
||
| align="center" | 33 |
| align="center" | 33 |
||
Liña 199: | Liña 199: | ||
| align="center" | |
| align="center" | |
||
|- |
|- |
||
| align="center" | [[Primeira división española 1997/98| |
| align="center" | [[Primeira división española 1997/98|1997/98]] |
||
| align="left" | {{BULb}} [[Luboslav Penev]] |
| align="left" | {{BULb}} [[Luboslav Penev]] |
||
| align="center" | 34 |
| align="center" | 34 |
||
Liña 207: | Liña 207: | ||
| align="center" | |
| align="center" | |
||
|- |
|- |
||
| align="center" | [[Segunda división española 1998/99| |
| align="center" | [[Segunda división española 1998/99|1998/99]] |
||
| align="left" | {{BRAb}} [[Fabiano Soares Pessoa|Fabiano]] |
| align="left" | {{BRAb}} [[Fabiano Soares Pessoa|Fabiano]] |
||
| align="center" | 34 |
| align="center" | 34 |
||
Liña 215: | Liña 215: | ||
| align="center" | |
| align="center" | |
||
|- |
|- |
||
| align="center" | [[Segunda división española 1999/00| |
| align="center" | [[Segunda división española 1999/00|1999/00]] |
||
| align="left" | {{GALb}} [[Changui]] |
| align="left" | {{GALb}} [[Changui]] |
||
| align="center" | 38 |
| align="center" | 38 |
||
Liña 223: | Liña 223: | ||
| align="center" | |
| align="center" | |
||
|- |
|- |
||
| align="center" | [[Segunda división española 2000/01| |
| align="center" | [[Segunda división española 2000/01|2000/01]] |
||
| align="left" | {{BHCb}} [[Vladimir Gudelj]] |
| align="left" | {{BHCb}} [[Vladimir Gudelj]] |
||
| align="center" | 25 |
| align="center" | 25 |
||
Liña 231: | Liña 231: | ||
| align="center" | |
| align="center" | |
||
|- |
|- |
||
| align="center" | [[Segunda división B española 2001/02| |
| align="center" | [[Segunda división B española 2001/02|2001/02]] |
||
| align="left" | {{GALb}} [[Maikel Hermann Naujoks García|Maikel]] |
| align="left" | {{GALb}} [[Maikel Hermann Naujoks García|Maikel]] |
||
| align="center" | 13 |
| align="center" | 13 |
||
Liña 239: | Liña 239: | ||
| align="center" | |
| align="center" | |
||
|- |
|- |
||
| align="center" | [[Segunda división española 2002/03| |
| align="center" | [[Segunda división española 2002/03|2002/03]] |
||
| align="left" | {{GALb}} [[Maikel Hermann Naujoks García|Maikel]] |
| align="left" | {{GALb}} [[Maikel Hermann Naujoks García|Maikel]] |
||
| align="center" | 36 |
| align="center" | 36 |
||
Liña 247: | Liña 247: | ||
| align="center" | |
| align="center" | |
||
|- |
|- |
||
| align="center" | [[Segunda división B española 2003/04| |
| align="center" | [[Segunda división B española 2003/04|2003/04]] |
||
| align="left" | {{GALb}} [[Andrés Curiel García|Curiel]] |
| align="left" | {{GALb}} [[Andrés Curiel García|Curiel]] |
||
| align="center" | 18 |
| align="center" | 18 |
||
Liña 255: | Liña 255: | ||
| align="center" | |
| align="center" | |
||
|- |
|- |
||
| align="center" | |
| align="center" | [[Preferente Autonómica de Galicia 2004/05|2004/05]] |
||
| align="left" | - - - |
| align="left" | - - - |
||
| align="center" | - - - |
| align="center" | - - - |
||
Liña 263: | Liña 263: | ||
| align="center" | |
| align="center" | |
||
|- |
|- |
||
| align="center" | |
| align="center" | [[Preferente Autonómica de Galicia 2005/06|2005/06]] |
||
| align="left" | - - - |
| align="left" | - - - |
||
| align="center" | - - - |
| align="center" | - - - |
||
Liña 271: | Liña 271: | ||
| align="center" | |
| align="center" | |
||
|- |
|- |
||
| align="center" | |
| align="center" | [[Preferente Autonómica de Galicia 2006/07|2006/07]] |
||
| align="left" | - - - |
| align="left" | - - - |
||
| align="center" | - - - |
| align="center" | - - - |
||
Liña 279: | Liña 279: | ||
| align="center" | |
| align="center" | |
||
|- |
|- |
||
| align="center" | |
| align="center" | [[Preferente Autonómica de Galicia 2007/08|2007/08]] |
||
| align="left" | - - - |
| align="left" | - - - |
||
| align="center" | - - - |
| align="center" | - - - |
||
Liña 287: | Liña 287: | ||
| align="center" | |
| align="center" | |
||
|- |
|- |
||
| align="center" | |
| align="center" | [[Terceira división española 2008/09|2008/09]] |
||
| align="left" | - - - |
| align="left" | - - - |
||
| align="center" | - - - |
| align="center" | - - - |
||
Liña 295: | Liña 295: | ||
| align="center" | |
| align="center" | |
||
|- |
|- |
||
| align="center" | [[Segunda división B española 2009/10| |
| align="center" | [[Segunda división B española 2009/10|2009/10]] |
||
| align="left" | {{GALb}} [[Iván González Veiras|Iván]] |
| align="left" | {{GALb}} [[Iván González Veiras|Iván]] |
||
| align="center" | 38 |
| align="center" | 38 |
||
Liña 303: | Liña 303: | ||
| align="center" | |
| align="center" | |
||
|- |
|- |
||
| align="center" | [[ |
| align="center" | [[Preferente Autonómica de Galicia 2010/11|2010/11]] |
||
| align="left" | - - - |
| align="left" | - - - |
||
| align="center" | - - - |
| align="center" | - - - |
||
Liña 311: | Liña 311: | ||
| align="center" | |
| align="center" | |
||
|- |
|- |
||
| align="center" | [[ |
| align="center" | [[Preferente Autonómica de Galicia 2011/12|2011/12]] |
||
| align="left" | - - - |
| align="left" | - - - |
||
| align="center" | - - - |
| align="center" | - - - |
||
Liña 319: | Liña 319: | ||
| align="center" | |
| align="center" | |
||
|- |
|- |
||
| align="center" | [[Terceira división española 2012/13| |
| align="center" | [[Terceira división española 2012/13|2012/13]] |
||
| align="left" | {{GALb}} Joselu Gómez |
| align="left" | {{GALb}} [[Joselu Gómez]] |
||
| align="center" | - - - |
| align="center" | - - - |
||
| align="center" | - - - |
| align="center" | - - - |
||
Liña 327: | Liña 327: | ||
| align="center" | |
| align="center" | |
||
|- |
|- |
||
| align="center" | [[Segunda división B española 2013/14| |
| align="center" | [[Segunda división B española 2013/14|2013/14]] |
||
| align="left" | {{GALb}} Joselu Gómez |
| align="left" | {{GALb}} [[Joselu Gómez]] |
||
| align="center" | 35 |
| align="center" | 35 |
||
| align="center" | 35 |
| align="center" | 35 |
||
Liña 394: | Liña 394: | ||
**'''Goles en contra''': 231 |
**'''Goles en contra''': 231 |
||
**'''Puntos conseguidos''': 212 |
**'''Puntos conseguidos''': 212 |
||
*'''Mellor posto''': 10º ([[1995 |
*'''Mellor posto''': 10º ([[Primeira división española 1995/96|1995/96]]) |
||
*'''Peor posto''': 17º ([[1997 |
*'''Peor posto''': 17º ([[Primeira división española 1997/98|1997/98]]) |
||
*'''Maior goleada conseguida''': 2-6 fronte ao [[Real Club Deportivo da Coruña]] (xornada 38, [[1997 |
*'''Maior goleada conseguida''': 2-6 fronte ao [[Real Club Deportivo da Coruña]] (xornada 38, [[Primeira división española 1997/98|1997/98]]) |
||
*'''Maior derrota encaixada''': 6-0 fronte ao [[Club Deportivo Tenerife]] (xornada 1, [[1996 |
*'''Maior derrota encaixada''': 6-0 fronte ao [[Club Deportivo Tenerife]] (xornada 1, [[Primeira división española 1996/97|1996/97]]) |
||
=== Historial na liga === |
=== Historial na liga === |
Revisión como estaba o 3 de setembro de 2014 ás 19:33
Sociedade Deportiva Compostela | |||
---|---|---|---|
Nome | Sociedade Deportiva Compostela | ||
Alcume(s) | Compos; Esedé; Picheleiros | ||
Fundación | 26 de xuño de 1962 | ||
Estadio | Multiusos de San Lázaro, Santiago de Compostela, Galicia | ||
Inauguración | 24 de xuño de 1993 | ||
Capacidade | 13.000 | ||
Presidente | Antonio Quinteiro | ||
Adestrador | Iñaki Alonso | ||
Liga | 2ªB – Grupo 1 | ||
2013–14 | 13º | ||
Vestimenta | Esedé | ||
Na rede | |||
http://www.sdcompostela.com/ | |||
| |||
A Sociedade Deportiva Compostela é un equipo de fútbol galego da cidade de Santiago de Compostela. Foi fundado o 26 de xuño de 1962 e participa na actualidade, na tempada 2014/15, no Grupo I da Segunda División B, terceira categoría do fútbol español, tras ascender na tempada 2012/13. É considerado un dos equipos históricos de Galiza por historia e tradición,[1] sendo o cuarto equipo do país en debutar na Primeira División, máxima categoría da Liga Nacional de Fútbol Profesional, tras o Real Club Celta de Vigo, o Real Club Deportivo da Coruña e o Pontevedra Club de Fútbol, e situándose como o terceiro mellor equipo galego na Clasificación histórica de Primeira, na que ocupa o posto 39º, tras vigueses e coruñeses, pese a disputala tan só catro tempadas, desde a 1994/95 até a 1997/98.
Nome do club
Ao longo da súa historia, o Compostela viu como o nome do club variou por diversas circunstancias até a súa denominación actual de Sociedade Deportiva Compostela, nome histórico do club, vixente de novo desde 2011.
- Sociedade Recreativa Compostela (1962)
- Sociedade Deportiva Compostela (1962–1994)
- Sociedade Deportiva Compostela, S.A.D. (1994–2010)
- Sociedade Deportiva Campus Stellae (2010–2011)
- Sociedade Deportiva Compostela (2011–)
Historia
Orixes e antecedentes (1928-1962)
En 1928 varios estudantes de Santiago de Compostela decidiron fundar da man de Ramón Castromil Casal o Compostela Foot-ball Club, que militou na Serie B galega até o estalido da Guerra Civil, estando considerado daquela o mellor equipo da cidade. Xogaba os seus encontros no antigo campo da Choupana, sendo algúns dos xogadores máis destacados daquela época Pachuco, Jesús Porto Aldrey, os irmáns Pombo, o propio Ramón Castromil ou o futuro refundador da entidade, Elisardo García.
A comezos da década dos 40, Ramón Castromil volveu fundar o club con pouco éxito debido ás dificultades da posguerra, vendo entre outras cousas, como o antigo campo da Choupana desaparecera para construírse no seu lugar o Hospital Gil Casares. Nesa época, o decreto do Estado que impedía os estranxeirismos fixo mudar o nome do club a Compostela Club de Fútbol, sendo popularmente coñecido como Club Compostela. Finalmente, a importancia adquirida polo club anos atrás desaparece en 1946 cando se ve superado pola relevancia do Club Deportivo Santiago, antigo Racing Club San Lorenzo, e remata por desaparecer en detrimento deste e do Club Arenal.
Nacemento da Sociedade Deportiva Compostela, crecemento e gloria
Coa desaparición do Club Santiago no ano 1962, e coa escasa relevancia do Club Arenal na cidade de Santiago, varios ex socios do desaparecido Club Compostela decidiron fundar unha nova entidade o 26 de xuño de 1962, comezando de novo nas divisións rexionais galegas, baixo o nome de Sociedade Recreativa Compostela. O 28 de outubro do mesmo ano, o Club Arenal fusionouse coa SR Compostela pasando o club a denominarse Sociedade Deportiva Compostela e pasando o Club Arenal a desempeñar as funcións de equipo filial. Tras varios anos alternando a Serie A rexional e a Terceira división, logrou o ascenso á Segunda división B na tempada da creación da categoría, a 1977/78.
Desde entón e durante os anos oitenta, a SD Compostela alternou a Segunda B coa Terceira até que a finais da década a historia do club mudaría para sempre coa chegada á presidencia do empresario santiagués do sector da electricidade José María Caneda en 1988, e a incorporación en 1989 do adestrador Fernando Castro Santos.[2] Na primeira tempada deste, a 1989/90, o equipo regresou á Segunda B, e ao ano seguinte, na tempada 1990/91, logrou ascender á Segunda división por primeira vez na súa historia logo de quedar terceiro na fase regular e de vencer no grupo de ascenso, superando no mesmo a Club Deportivo Alcoyano, CD Badajoz e Deportivo Alavés.
O equipo permaneceu na Segunda división durante tres tempadas: na primeira, a 1991/92, quedou sexto, na segunda, a 1992/93, duodécimo, e finalmente na terceira, a 1993/94, o Compostela foi terceiro e xogou a promoción de ascenso a Primeira división fronte ao Raio Vallecano de Madrid. Tras remataren ambos encontros en empate (1-1 no Campo de Fútbol de Vallecas e 0-0 en San Lázaro), disputouse un terceiro xogo de desempate nun campo neutral, o Estadio Carlos Tartiere de Oviedo, que rematou coa vitoria compostelá por 3 a 1, con goles de Ohen (2) e José, e que supuxo o ascenso da Esedé á Primeira división. O equipo titular dese partido estivo formado por Iru, Modesto II, Tocornal, Modesto I, Bellido, Bodelón, Abadía, Fabiano, Pichi Lucas, Ohen e Suso Moure. Tamén xogaron Víctor e José.[3]
A SD Compostela xogou na Primeira división catro tempadas consecutivas, de 1994 1998. E tras acadar na primeira delas, a 1994/95, a salvación na derradeira xornada na casa ao vencer por 2-0 ao CD Tenerife, púxose punto e final a sete anos de exitosa traxectoria de Fernando Castro Santos á fronte do equipo. Para a tempada 1995/96 o equipo contratou como adestrador a un por aquel entón descoñecido no fútbol profesional Fernando Vázquez, sendo precisamente ese ano cando o equipo asinou a súa mellor tempada da historia, chegando a ser subcampión de inverno só por detrás do Atlético de Madrid ao termo da primeira volta, para rematar a liga nunha digna décima posición. O equipo xogou en Primeira división dúas tempadas máis, a 1996/97 e a 1997/98, rematando nesta última no posto décimo sétimo e descendendo a Segunda división tras perder a promoción contra o Vilarreal CF polo valor dobre dos goles fóra de casa (0-0 no Estadio do Madrigal e 1-1 en San Lázaro).
Equipo da SD Compostela na campaña 1995/96, con Fernando Vázquez de adestrador:[4]
|
|
O presidente da entidade tomou o descenso como unha tempada de transición, e tentou recuperar a máxima categoría. Para isto non escatimou en gastos, mantendo boa parte da formación anterior e fichando outros xogadores de renome, como os internacionais Nando e Dmitri Radchenko. Porén, o equipo quedou oitavo, e os problemas económicos comezaron a facerse patentes. Así as cousas, na seguinte campaña, a 1999/00, o equipo estivo a piques de descender, e finalmente na tempada 2000/01 descendeu a Segunda B tras rematar a liga no posto décimo noveno da clasificación.
Nesa categoría volveuse cometer o erro de manter a formación da campaña anterior cos mesmos salarios, e as débedas levaron consigo atrasos e complicacións nos pagamentos. Aínda así, o equipo terminou terceiro na campaña 2001/02, e superou na liguiña de ascenso a Mérida Unión Deportiva, Valencia CF Mestalla e FC Barcelona B, volvendo a Segunda división tan só un ano despois do seu descenso.
A campaña 2002/03 foi até agora a última na elite profesional. No seu regreso a Segunda división, o equipo, dirixido por Luis Ángel Duque, terminou noveno malia estaren os xogadores toda a tempada sen cobrar. O impagamento das débedas a xogadores agravouse cando un xuíz, a falta de 2 días para concluír o prazo de inscrición, determinou que o club debía avalar 13 millóns de euros para continuar en ligas profesionais. Ao non poder presentar dito aval, o equipo foi descendido administrativamente a Segunda B, ocupando o seu lugar na Segunda división o Club Deportivo Leganés.
O afundimento: I Parte
Tras o descenso e a marcha da inmensa maioría dos xogadores que non perceberan as súas débedas, a formación compostelá afrontou a tempada con moi poucos efectivos e finalmente, tras unha pésima campaña na que os problemas económicos non desapareceron, a SD Compostela rematou a tempada 2003/2004 en penúltima posición do Grupo II de Segunda B consumando o seu descenso á Terceira división. Mais o impagamento das débedas contraídas con xogadores e empresas, estimadas en máis de mil millóns de pesetas, provocou ademais un novo descenso administrativo, desta vez á Preferente Autonómica galega, categoría á que o Compos voltaba case trinta anos despois. Así as cousas, e co club ao bordo da desaparición,[5] nese mesmo ano 2004 o consello de administración aprobou iniciar o proceso de liquidación da entidade, pese á oposición dalgúns socios e do ex presidente, José María Caneda. No verán de 2006 subhastáronse todos os bens do equipo, incluídos os trofeos do club, a marca SD Compostela, os accesorios de lavandería, os coches do club, o material de oficina ou os sistemas de calefacción.[6] Nesa subhasta o ex presidente José Albarrán pagou 61.000 euros por todos os trofeos logrados polo equipo nos seus máis de 40 anos de historia para que estes non se perderan.[7]
O rexurdimento: I Parte
Ao mesmo tempo que se iniciaba o proceso de liquidación da sociedade anónima SD Compostela, creouse en 2004 en Santiago de Compostela outro club (SD Campus Stellae) que herdou a xestión e explotación dos dereitos deportivos do club compostelán baixo a fórmula de cesión ao mesmo tempo que asumiu a xestión dos equipos deportivos da sociedade anónima en liquidación. O ex presidente José María Caneda adquiriu na subhasta pública o nome "SD Compostela", e posteriormente pasou a ocupar a presidencia da SD Campus Stellae. Esta operación permitiu refundar o equipo, xa que xuridicamente se trataba doutro club (SD Campus Stellae) que carecía de débedas e que xestionaba os equipos deportivos da entidade que estaba a ser liquidada, utilizando a marca deportiva SD Compostela.[8] Isto permitiulle competir en categorías nacionais con este nome, pese á oposición dos administradores concursais do equipo.[9]
Tras catro tempadas en Preferente Autonómica, desde 2004 a 2008, finalmente o club conseguiu o ascenso a Terceira na tempada 2007/2008, e iniciou a tempada 2008/2009 co obxectivo de ascender á Segunda División B española, conseguíndoo ao final da campaña tras proclamarse campión e imporse na promoción de ascenso ao Atlético Monzón aragonés (3-0 e 2-1).[10]
O afundimento: II Parte
A tempada 2009/10 non foi boa para a SD Compostela e de novo volveron repetirse os mesmos erros do pasado. Así, os impagamentos continuados, as ameazas de folga por parte dos xogadores, moitas débedas e un mal inicio de liga, condenaron á SD Compostela ao descenso, que se fixo oficial a falta dunhas xornadas para o final da liga. A tempada foi moi mala pero tivo os seus bos momentos, como ser o primeiro equipo en puntuar en Ipurua, feudo da SD Eibar, tras ir perdendo 2-0, ou as vitorias a domicilio nos derbis xogados en Pasarón e na Malata ante o Pontevedra CF e o Racing de Ferrol.
Tras esa desastrosa tempada 2009/10, a tempada seguinte o Compos volveu a Preferente Autonómica, acumulando de novo ao descenso deportivo un descenso administrativo por impagamentos,[11] ao tempo que a Federación Galega de Fútbol instaba ao club a utilizar o nome de SD Campus Stellae e non o de SD Compostela que viña utilizando normalmente.[12] Ademais, ese mesmo ano producíase o arquivo definitivo do concurso da sociedade anónima deportiva.[13]
O rexurdimento: II Parte
En febreiro de 2011, Antonio Quinteiro, un empresario de Lestedo que de xove xogara nas categorías inferiores do club, comproulle o club a Caneda coa intención de sanealo e de levalo de novo a categoría profesional.[14] Así, unha directiva renovada, procedente da área empresarial e profesional e coñecedora do mundo futbolístico, fíxose cargo dun equipo que ía á deriva a comezos de 2011 tras adquirir todos os dereitos legais, facer fronte ás débedas acumuladas e lograr a recuperación do nome fundacional,[15] extremo confirmado pola FGF o 22 de xullo de 2011.[16] Desde entón a entidade volve denominarse SD Compostela e ten entre os seus retos inmediatos volver ás categorías de honra do fútbol español co apoio de toda a cidade e a comarca. Nesa primeira tempada do novo equipo directivo, a 2010/2011, o equipo logrou endereitar o rumbo na segunda volta, pero rematou a liga na oitava posición, lonxe dos postos de ascenso.
A seguinte campaña, a primeira completa de Quinteiro á fronte da nave compostelanista, o equipo proclamouse campión da Preferente Autonómica de Galicia 2011/12 e ascendeu á Terceira división da man do adestrador Anxo Casalderrey, xusto no ano do seu 50 aniversario. Tan só un ano máis tarde, e xa con Fredi Álvarez como adestrador, rematou a fase regular da Terceira ocupando o terceiro posto, o que lle outorgou o dereito a participar na fase de ascenso a Segunda B. O 30 de xuño de 2013 conseguiu o ansiado ascenso á categoría de bronce do fútbol español ao superar ao CD Cieza (2-0 e 0-2) na terceira eliminatoria do playoff, tras eliminar previamente ao CD Ebro (4-0 e 2-2) e á AD San Juan (3-0 e 1-1).
No seu regreso á Segunda B, o equipo dirixido por Fredi rematou a tempada 2013/14 en décimo terceira posición, logrando así a permanencia.
Para a nova tempada 2014/2015 o club contratou ao adestrador vasco Iñaki Alonso e fixo unha profunda renovación no equipo co obxectivo de loitar polo ascenso á Segunda división máis de dez anos despois.
Xogadores
Equipo da SD Compostela na tempada 2014/15, con Iñaki Alonso de adestrador:[17]
|
|
Máximos goleadores por tempada | ||||||
---|---|---|---|---|---|---|
Tempada | Xogador | P.Xogados | P.Titular | Minutos | Goles | Cos mesmos goles |
1991/92 | Pichi Lucas | 35 | 31 | 2.839 | 7 | |
1992/93 | Pichi Lucas | 28 | 20 | 1.922 | 10 | |
1993/94 | Ohen | 34 | 33 | 2.738 | 13 | |
1994/95 | Ohen | 31 | 28 | 2.299 | 14 | |
1995/96 | Bent Christensen | 38 | 27 | 2.316 | 12 | |
1996/97 | Ohen | 33 | 25 | 2.226 | 17 | |
1997/98 | Luboslav Penev | 34 | 34 | 3.017 | 16 | |
1998/99 | Fabiano | 34 | 34 | 2.992 | 11 | |
1999/00 | Changui | 38 | 34 | 2.978 | 15 | |
2000/01 | Vladimir Gudelj | 25 | 11 | 1.199 | 9 | |
2001/02 | Maikel | 13 | 11 | 991 | 9 | |
2002/03 | Maikel | 36 | 36 | 2.957 | 19 | |
2003/04 | Curiel | 18 | 18 | 1.604 | 11 | |
2004/05 | - - - | - - - | - - - | - - - | - - - | |
2005/06 | - - - | - - - | - - - | - - - | - - - | |
2006/07 | - - - | - - - | - - - | - - - | - - - | |
2007/08 | - - - | - - - | - - - | - - - | - - - | |
2008/09 | - - - | - - - | - - - | - - - | - - - | |
2009/10 | Iván | 38 | 35 | 3.193 | 12 | |
2010/11 | - - - | - - - | - - - | - - - | - - - | |
2011/12 | - - - | - - - | - - - | - - - | - - - | |
2012/13 | Joselu Gómez | - - - | - - - | - - - | 26 | |
2013/14 | Joselu Gómez | 35 | 35 | 3.129 | 30 |
Presidentes
Presidentes que tivo a entidade ao longo da súa historia[18]:
|
|
|
Uniforme
- Uniforme titular: Camiseta branquiazul, pantalóns brancos e medias branquiazuis.
- Uniforme alternativo: Camiseta vermella, pantalóns vermellos e medias vermellas.
Himno
- Letra do Dr. Sixto e música de Manuel Muñiz Tubío, da Orquestra Compostela.
Estadio
- Artigo principal: Estadio Multiusos de San Lázaro.
Actualmente o club disputa os seus encontros como local no Estadio Multiusos de San Lázaro, un estadio multiusos, inaugurado o 24 de xuño de 1993 e que é propiedade do Concello de Santiago. Foi obra do arquitecto Andrés Fernández-Albalat Lois e conta cun aforo de 13.000 espectadores. É de herba natural e posúe unhas dimensións de 105 x 68 metros. Atópase situado na Avenida de Fernando Casas Novoa, ao noroeste da cidade, no barrio de San Lázaro. O terreo de xogo atópase rodeado por unha pista de atletismo, mentres que nos arredores do estadio, o club dispón dun campo de fútbol anexo para os adestramentos, cunhas dimensións de 105 x 68 metros. Conta ademais cun aparcadoiro ao redor do recinto con capacidade para 2.000 vehículos.
Até a inauguración do novo estadio, o equipo xogou en distintos campos da cidade, sendo o más lembrado o Campo Municipal de Santa Isabel, en Vista Alegre, ao que accedeu tras xogar previamente en campos como o Estadio da residencia universitaria o o antigo campo da Choupana.
Datos do club
- Tempadas en 1ª: 4
- Tempadas en 2ª: 7
- Tempadas en 2ªB: 13 (Incluída a 2014/15)
- Tempadas en 3ª: 18
- Tempadas en Preferente: 11
Datos en Primeira división
- Posto na Clasificación histórica de Primeira División: 39º
- Partidos xogados: 160
- Gañados: 52
- Empatados: 45
- Perdidos: 63
- Goles a favor: 143
- Goles en contra: 231
- Puntos conseguidos: 212
- Mellor posto: 10º (1995/96)
- Peor posto: 17º (1997/98)
- Maior goleada conseguida: 2-6 fronte ao Real Club Deportivo da Coruña (xornada 38, 1997/98)
- Maior derrota encaixada: 6-0 fronte ao Club Deportivo Tenerife (xornada 1, 1996/97)
Historial na liga
|
|
|
|
Palmarés
- Terceira División (4): 1963/64, 1979/80, 1989/90, 2008/09
- Preferente Autonómica/Serie A (5): 1962/63, 1970/71, 1975/76, 2007/08, 2011/12
- Copa Galicia (2): 1966, 1967
- Copa Deputación da Coruña (2): 2012, 2013
- Supercopa Deputación da Coruña (1): 2012
SD Compostela "B"
Fundado en 1948, o club compostelán Vista Alegre SD converteuse no equipo filial da SD Compostela en 1990, e tras integrarse na estrutura do club en 1996 e mudar o seu nome para o de SD Compostela "B" en 1997, foi durante varios anos un dos equipos punteiros da Terceira División galega, chegando a gañala até en tres ocasións, mais sen éxito nas tres fases de ascenso a Segunda División B disputadas. Desaparecería no verán de 2004 tras un meritorio sétimo posto acadado na súa derradeira campaña na Terceira, a 2003/04, debido á precaria situación económica que atravesaba o equipo matriz, que nese mesmo verán acumulara ao descenso deportivo de Segunda División B a Terceira, outro administrativo por impagamentos de Terceira a Preferente Autonómica.[19][20] Desde entón a SD Compostela non conta con equipo filial.
Principal palmarés:
- Terceira División (3): 1996/97, 1997/98, 2001/02
- Fase Autonómica Galega da Copa RFEF (1): 1999/00
Notas
- ↑ Ayuntamiento de Ames. "Bertamiráns FC recibe al líder de la categoría, la SD Compostela". Parámetro descoñecido
|fechaacceso=
ignorado (suxírese|data-acceso=
) (Axuda) - ↑ "Que foi do Compostela, hai dez anos en primeira?", A Nosa Terra, 26 de outubro de 2008.
- ↑ http://hemeroteca.mundodeportivo.com/preview/1994/06/02/pagina-28/1295069/pdf.html#
- ↑ Plantilla SD Compostela 1995-96. BD Fútbol
- ↑ "El Compostela, al borde de la desaparición al reconocer los accionistas que no pueden pagar la deuda" Libertad Digital, 12 de abril de 2004 (en castelán).
- ↑ Se puso en marcha la subasta de los bienes del Compostela (El Correo Gallego, 01.06.2006)
- ↑ El ex presidente José Albarrán pagará 61.260 euros por los trofeos de la SD (Galicia Hoxe, 4.7.2006)
- ↑ http://www.lavozdegalicia.es/deportes/2011/01/30/0003_201101G30P60992.htm
- ↑ Los administradores desautorizan a Caneda (La Voz de Galicia, 07.09.2006)
- ↑ "El Compostela regresa a tercera", El Correo Gallego.
- ↑ "O Compostela descende a Preferente", artigo en La Voz de Galicia, 2 de agosto de 2010.
- ↑ http://sd-compostela.blogspot.com.es/2010/08/entrevista-al-presi-gayoso-en-la-voz-de.html
- ↑ https://www.boe.es/boe/dias/2011/01/26/pdfs/BOE-B-2011-2537.pdf
- ↑ http://sd-compostela.blogspot.com.es/2011/02/es-definitivo.html
- ↑ [1]
- ↑ http://www.lavozdegalicia.es/deportes/2011/07/23/0003_201107S23C10996.htm
- ↑ http://sdcompostela.com/gl/primer-equipo/plantilla
- ↑ http://sdcompostela.com/club/historia-y-evolucion
- ↑ http://areferegional.wikispaces.com/S.D.+Compostela+B
- ↑ http://www.elcorreogallego.es/deportes/futbol/ecg/hoy-vuelve-a-santa-isabel-el-historico-vista-alegre/idEdicion-2009-08-30/idNoticia-462595/
Véxase tamén
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Sociedade Deportiva Compostela |