Fabiano Soares Pessoa
Fabiano Soares | |||
---|---|---|---|
Información persoal | |||
Nome | Fabiano Soares Pessoa | ||
Nacido | 10 de xuño de 1966 (54 anos) | ||
Lugar | Río de Xaneiro | ||
Posición | Centrocampista | ||
Información de club | |||
Club actual | Estradense (adestrador) | ||
Carreira sénior | |||
Anos | Equipos | Aprs | (Gls) |
1986–1987 | Botafogo | 2 | (0) |
1987–1988 | Cruzeiro | 0 | (0) |
1988–1989 | São José | 6 | (0) |
1989–1992 | Celta de Vigo | 101 | (16) |
1992–2003 | Compostela | 334 | (44) |
2001-2002 | → Botafogo (cedido) | 24 | (0) |
2003-2004 | Racing de Ferrol | 30 | (2) |
Adestrador | |||
2005–2006 | Estradense (xuvenís) | ||
2006 | Compostela | ||
2007 | Bergantiños | ||
2009–2010 | Compostela | ||
2011 | Estradense | ||
2011–2015 | Estoril (2º adestrador) | ||
2015–2016 | Estoril | ||
2017 | Atlético Paranaense | ||
2019 | Jeonnam Dragons | ||
Partidos e goles só en liga doméstica. [ editar datos en Wikidata ] | |||
Fabiano Soares Pessoa, nado o 10 de xuño de 1966 en Río de Xaneiro, é un ex futbolista e actual adestrador de fútbol brasileiro. Xogaba de centrocampista e desenvolveu a maior parte da súa carreira como futbolista en Galicia.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Como xogador[editar | editar a fonte]
Iniciou a súa carreira como futbolista en Brasil, xogando no Botafogo, no Cruzeiro e no São José. En 1989 fichou polo Celta de Vigo, co que acadou o ascenso á Primeira división. Despois de tres tempadas no Celta, co que xogou 114 partidos e anotou 17 goles, fichou en 1992 pola SD Compostela.
Co equipo santiagués logrou tamén o ascenso da Segunda á Primeira división. Xogou as catro tempadas do club en Primeira e viviu logo varios descensos e ascensos, xogando como cedido no Botafogo entre 2001 e 2002. En 2003 deixou o Compostela tras máis dunha década, contabilizando un total de 364 partidos xogados e 47 goles anotados. Fichou polo Racing Club de Ferrol, onde xogou na Segunda División en 2003/04. No club verde terminou a súa carreira como futbolista.
Como adestrador[editar | editar a fonte]
En 2005 comezou a súa carreira como adestrador, tomando as rendas dos xuvenís do CD Estradense e en setembro de 2006 foi presentado como adestrador do SD Compostela, nesa campaña en Rexional Preferente, tras a volta de José María Caneda ao club.[1] Con todo, dimitiu só tres meses despois.[2] En febreiro de 2007 pasou a dirixir durante dous meses ao Bergantiños,[3] e en outubro de 2009 regresou á SD Compostela, desta vez en Segunda B, trala destitución de Chus Baleato.[4] Non conseguiu salvar o equipo, que acabou descendendo á Terceira División. Na tempada 2010–11 dirixiu ao CD Estradense en Terceira.
En 2011 asinou co Estoril, entón na Segunda División portuguesa, como segundo adestrador de José Couceiro. Tras a saída deste en marzo de 2015 pasou a exercer como adestrador xunto a Hugo Leal.[5] Tras o remate da tempada continuou outro ano e medio como adestrador en solitario, ata a súa destitución en decembro de 2016.[6]
En xullo de 2017 foi anunciado como novo adestrador do Atlético Paranaense,[7] no que estivo ata o final da tempada. En xaneiro de 2019 fichou como novo adestrador do Jeonnam Dragons, na segunda división surcoreana, club no que estivo ata xullo.[8]
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ "Fabiano asegura que el objetivo de la SD es acabar lo más dignamente posible", El Correo Gallego, 16 de abril de 2010.
- ↑ "El Compos ganó al Ciudad en un intenso tramo final". La Voz de Galicia (en castelán). 11 de decembro de 2006. p. 38.
- ↑ "Fabiano entrenará al Bergantiños hasta junio". La Opinión A Coruña (en castelán). 3 de febreiro de 2007. Consultado o 8 de setembro de 2020.
- ↑ "Fabiano será el capitán que dirigirá el barco del Compos", El Correo Gallego, 22 de outubro de 2009.
- ↑ "Fabiano Soares e Hugo Leal na equipa técnica do Estoril" (en portugués). 3 de marzo de 2015. Consultado o 8 de setembro de 2020.
- ↑ "El Estoril destituye a Fabiano" (en castelán). 13 de decembro de 2016. Consultado o 8 de setembro de 2020.
- ↑ "Atlético-PR anuncia Fabiano Soares, ex-Estoril, como o novo técnico" (en portugués). 11 de xullo de 2017. Consultado o 8 de setembro de 2020.
- ↑ "Fabiano, líder del Compostela en Primera, firma como técnico del Dragons de Corea". Marca (en castelán). 8 de xaneiro de 2019. Consultado o 8 de setembro de 2020.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Futbolistas do Brasil
- Centrocampistas de fútbol
- Xogadores do Botafogo
- Xogadores do Cruzeiro EC
- Xogadores do Celta de Vigo
- Xogadores da SD Compostela
- Adestradores de fútbol do Brasil
- Adestradores da SD Compostela
- Nados no Río de Xaneiro
- Nados en 1966
- Adestradores do Bergantiños FC
- Adestradores do CD Estradense
- Xogadores do Racing de Ferrol
- Adestradores do CA Paranaense