Alfredo Álvarez Paredes
| Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| Nacemento | 27 de febreiro de 1976 Moaña, España | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Ocupación | futbolista, adestrador de fútbol | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Deporte | fútbol | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Posición de xogo | Centrocampista | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||||||||||
Alfredo Álvarez Paredes, coñecido como Fredi, nado en Moaña o 27 de febreiro de 1976, é un exfutbolista e actual adestrador de fútbol galego. Desde 2024 adestra o Celta Fortuna.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Iniciada a tempada 2012/13 foi contratado pola SD Compostela, substituíndo a Anxo Casalderrey en outubro de 2012.[1]. Tras ascender o equipo á Segunda B na tempada 2012/2013 e conseguir a permanencia na categoría na Segunda B 2013/14, a directiva da SD Compostela decidiu non renovalo no verán de 2014.
Ese mesmo verán fichou polo Celta de Vigo B de Segunda B. Na tempada 2015/16 fichou de novo pola SD Compostela, en Segunda B, nun intento de salvar o equipo do descenso. Os anos seguinte pasou por CD Boiro e CD Izarra, na mesma categoría.
No ano 2021 volveu fichar polo Celta de Vigo, incorporandose ás categorías base, debutando co Celta C Gran Peña de cara á tempada 2023/24 e substituíndo a finais desa mesma tempada a Claudio Giráldez á fronte do Celta de Vigo Fortuna ao facerse este cargo do primeiro equipo olívico.
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Nados en 1976
- Nados en Moaña
- Futbolistas de Moaña
- Centrocampistas de fútbol
- Xogadores do Pontevedra CF
- Xogadores do Alondras CF
- Adestradores de fútbol de Galicia
- Adestradores da SD Compostela
- Adestradores do Alondras CF
- Adestradores do Celta de Vigo B
- Adestradores do CD Boiro
- Adestradores do CD Izarra
- Adestradores do Gran Peña