Pichi Lucas
Pichi Lucas | |||
---|---|---|---|
Información persoal | |||
Nome | Argimiro Pérez García | ||
Nacemento | 14 de marzo de 1959 (64 anos) | ||
Lugar de nacemento | Camponaraia | ||
Altura | 1,80 m. | ||
Posición | Dianteiro | ||
Carreira xuvenil | |||
Celta de Vigo | |||
Carreira sénior | |||
Anos | Equipos | Aprs | (Gls) |
Córdoba | |||
1981–1990 | Celta de Vigo | 233 | (67) |
1990–1991 | Ourense | ||
1991–1995 | Compostela | 105 | (30) |
Adestrador | |||
1998–2000 | Compostela | ||
2005–2007 | Ponferradina | ||
2007–2008 | Cartagena | ||
2009–2011 | Oviedo | ||
2012–2013 | Celta B | ||
Partidos e goles só en liga doméstica. [ editar datos en Wikidata ] | |||
Argimiro Pérez García, coñecido como Pichi Lucas, nado en Camponaraia (O Bierzo) o 14 de marzo de 1959, é un exfutbolista e actual adestrador de fútbol español. Xogaba de dianteiro.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Xogador[editar | editar a fonte]
Sendo xuvenil xogaba en Ribadavia, e o Real Club Celta fichouno para as categorías inferiores. Logo dunha estancia no Córdoba CF e no daquela filial vigués, o Gran Peña, debutou co primeiro equipo celeste na tempada 1980/81.
Ese ano o equipo xogou en segunda B e logrou o ascenso, ao que contribuíu Lucas con tres goles. O berciano explotou ao ano seguinte, logrando o Trofeo Pichichi con 27 goles, o que axudou ao Celta para acadar o ascenso á 1ª división.
Debutou na máxima categoría na tempada 1982–83, baixando tanto o nivel persoal coma o do equipo, que regresou á segunda división. Logo de dous anos nesa categoría, nos que Lucas era un dos referentes ofensivos, na 1985/86 logrouse unha nova e efémera estancia en Primeira, onde os números do dianteiro e do Celta en conxunto eran inferiores aos acadados nunha segunda división que se lles quedaba miúda.
Non foi até a tempada 1987–88 que o cadro vigués logrou consolidarse en primeira, pero Lucas xa comezara o seu declive, e cada vez aparecía e anotaba menos. A 1989/90 foi a última campaña de Lucas co club no que pasara a súa carreira deportiva, xogando 245 partidos e marcando 72 goles.
Logo de pasar polo CD Ourense fichou pola SD Compostela, onde malia a súa veteranía, recuperou o instinto goleador e conseguiu unha boa media goleadora a pesar de non ser titular. Formou parte do histórico ascenso dos composteláns na tempada 1993/94. De novo en primeira, xogou 14 partidos (un como titular) e meteu 4 goles antes de colgar as botas.
Adestrador[editar | editar a fonte]
Comezou como adestrador na propia SD Compostela, nun principio mesmo sen obter o título nacional de adestrador. Posteriormente adestrou á SD Ponferradina, coa que ascendeu a 2ª división.[1]
Na tempada 2007–08 substituíu a Juan Francisco Alcoy á fronte do FC Cartagena[2], se ben non foi renovado para a campaña seguinte.
O 12 de outubro de 2009 converteuse en adestrador do Real Oviedo en 2ªB, sendo despedido en febreiro de 2011 debido á mala imaxe do equipo. O seu substituto foi José Manuel Martínez, destituído en febreiro de 2011 e substituído por Pacheta.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ "Salida de Pichi Lucas de la SD Ponferradina, www.marca.com (en castelán).
- ↑ "Pichi Lucas sustituye a Fran Alcoy en el banquillo del FC Cartagena", www.laverdad.es (en castelán).
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Nados en 1959
- Nados en Camponaraia
- Futbolistas de Castela e León
- Dianteiros de fútbol
- Xogadores do Córdoba CF
- Xogadores do Celta de Vigo
- Xogadores do CD Ourense
- Xogadores da SD Compostela
- Adestradores de fútbol de España
- Adestradores da SD Compostela
- Adestradores da SD Ponferradina
- Adestradores do Real Oviedo
- Adestradores do FC Cartagena
- Adestradores do Celta de Vigo B