Christopher Nusa Ohen

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Christopher Ohen
Información persoal
Nome Christopher Nusa Ohenhen
Nacemento 14 de outubro de 1970 (53 anos)
Lugar de nacemento Benin City
Altura 1,82 m.
Posición Dianteiro
Carreira xuvenil
Julius Berger
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
1988–1989 Julius Berger
1989–1991 Real Madrid B 19 (8)
1991–2001 Compostela 196 (70)
1998–1999Beşiktaş (cedido) 17 (10)
2001–2002 Leganés 3 (0)
2002 Julius Berger
Selección nacional
Nixeria sub-21
1997 Nixeria 1 (0)
Na rede
FIFA: 156913 Editar o valor em Wikidata
Partidos e goles só en liga doméstica.

editar datos en Wikidata ]

Christopher Nusa Ohenhen, coñecido como Ohen, nado o 14 de outubro de 1970 en Benin City, é un exfutbolista nixeriano. Xogaba de dianteiro e foi internacional coa selección nixeriana.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Comezou xogando no seu país no Julius Berger e, tras destacar no Mundial Xuvenil de 1989 foi contratado polo Real Madrid, aínda que non chegou a debutar co primeiro equipo. No Real Madrid Castilla estivo adestrado por Vicente del Bosque.[1] En 1991 recalou na SD Compostela, coa que conseguiu o ascenso á primeira división na temporada 1993/94.[2] Xogou no Compostela os catro anos que o equipo permaneceu na máxima categoría do fútbol español, converténdose no máximo goleador da súa historia na primeira división.[3]

Tras unha frouxa temporada e lastrado polas lesións, o equipo descendeu á segunda división e el marchou cedido ao Beşiktaş, onde seguiron os seus problemas musculares, perdendo temporada e media. Volveu xogar na segunda división co Compostela e tras un breve paso polo Leganés, regresou a Nixeria para xogar no seu primeiro club, no que se retirou no ano 2002.

Foi preseleccionado para ir ao Mundial de Fútbol de 1998 coa selección de Nixeria, pero finalmente non foi convocado[4].

Estatísticas[editar | editar a fonte]

temp.clubpaísligapart.goles
1988/89Julius Berger NixeriaLiga Nixeriana----
1989/90Real Madrid Castilla EspañaSegunda División00
1990/91Real Madrid Castilla EspañaSegunda División00
1991/92SD CompostelaEspañaSegunda División50
1992/93SD CompostelaEspañaSegunda División237
1993/94SD CompostelaEspañaSegunda División3413
1994/95SD CompostelaEspañaPrimeira División3114
1995/96SD CompostelaEspañaPrimeira División3411
1996/97SD CompostelaEspañaPrimeira División3317
1997/98SD CompostelaEspañaPrimeira División196
1998/99Beşiktaş TurquíaPrimeira División Turca1710
2000/01SD CompostelaEspañaSegunda División172
2001/02CD Leganés - Julius BergerEspaña - NixeriaSegunda División30
Total 216 80

Notas[editar | editar a fonte]

  1. de Llano, P. (1 de setembro de 2019). "Un amor de infancia". El País (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 01 de setembro de 2019. Consultado o 01 de setembro de 2019. 
  2. García Solano, M. (2 de xuño de 1994). "El Compostela asciende al cielo de la Primera". Mundo Deportivo (en castelán). Consultado o 12 de marzo de 2014. 
  3. "Un Compos de Primera". Míticos del Balompié (en castelán). 28 de decembro de 2008. Consultado o 6 de decembro de 2015. 
  4. "World Cup France 1998: Nigeria player profiles". Sports Illustrated. Consultado o 31 de xaneiro de 2008. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]