Modesto I

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Modesto I
Información persoal
Nome completo Modesto López Novoa
Nacemento 21 de xaneiro de 1965 (54 anos)
  Ourense
Nacionalidade España
Altura 1,80 m.
Posición Defensa
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
1983–1986 Ourense
1986–1991 Deportivo da Coruña 57 (2)
1991–1995 Compostela 104 (0)
1995–1999 Ourense 85 (1)

* Partidos e goles só en liga doméstica.
† Aparicións (Goles)

editar datos en Wikidata ]

Modesto López Novoa, coñecido como Modesto I, nado en Ourense o 21 de xaneiro de 1965, é un ex futbolista galego. Xogaba de defensa central.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Iniciouse no CD Ourense na tempada 1983–84 en Segunda B, permanecendo até a tempada 1985–86.

Na tempada 1986–87 fichou polo Deportivo da Coruña, co que debutou en Segunda División. No club branquiazul estivo até a tempada 1990–91, co ascenso do club coruñés á Primeira División, sen xogar ningún partido na súa última campaña.

Na tempada 1991–92 fichou polo SD Compostela, sendo titular indiscutible, e logrando o ascenso á Primeira División na tempada 1993–94. Debutou na máxima categoría o 23 de outubro de 1994, nun partido fronte ao Real Madrid no estadio Santiago Bernabéu que rematou con empate (1–1).

Na tempada 1995–96 foi contratado polo CD Ourense, ascendedo á Segunda División nesa campaña. Co club ourensán descendeu á Segunda División B na tempada 1998–99.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]