Suso Moure

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Suso Moure
Información persoal
Nome completo Jesús Moure Vieiro
Nacemento 26 de agosto de 1961 (58 anos)
  Santiago de Compostela
Nacionalidade España
Posición Dianteiro
Información de club
Club actual Grixoa (adestrador)
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
1991–1995 Compostela 115 (22)
Adestrador
2005–2006 Estradense
2008–2009 Compostela
2009–2010 Cerceda
2010–2011 Santiago de Compostela
2011– Grixoa

* Partidos e goles só en liga doméstica.
† Aparicións (Goles)

editar datos en Wikidata ]

Jesús 'Suso' Moure Vieiro, nado en Santiago de Compostela o 26 de agosto de 1961, é un ex-futbolista galego e actual adestrador de fútbol. Xogaba de dianteiro e actualmente adestra o SD Grixoa.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Xogador[editar | editar a fonte]

Foi xogador da SD Compostela entre 1991 e 1995, conseguindo debutar en Primeira División co club santiagués na tempada 1994–95, na que participou en 18 partidos e anotou 2 goles.

Adestrador[editar | editar a fonte]

Na tempada 2005–06 foi adestrador do CD Estradense da Preferente Autonómica.[1]

Na tempada 2008–09 dirixiu á SD Compostela en Terceira División e na 2009–10 ao CCD Cerceda, do que foi despedido en maio a debido aos malos resultados a falta dun partido para a eliminatoria de ascenso a Segunda División B,[2] sendo substituído por Nacho.[3]

En novembro de 2010 anunciouse a Moure como substituto de Tono Ínsua no Santiago de Compostela CF, de Preferente Autonómica, para a tempada 2010–11.[4]

No verán de 2011 anunciouse a súa contratación polo SD Grixoa da Preferente Autonómica, en substitución de Chus Baleato.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]