Árbores senlleiras de Galicia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Vista do Castiñeiro de Pumbariños no Souto de Rozavales, que é ademais un monumento natural.

Unha árbore senlleira na lexislación galega é unha árbore autóctona ou importada que, polas súas características extraordinarias ou destacábeis (tamaño, idade, rareza, beleza, significación histórica, cultural ou científica etc.) é considerada reliquia botánica. Coa súa declaración, son obxecto de protección, concédeselle garantía de respecto comunitario e foméntase o seu valor científico, cultural, didáctico, paisaxístico ou ornamental.[1][2] A figura de "árbore senlleira" é similar a figuras de protección doutras autonomías españolas e doutros estados europeos.

En Galiza a figura creouse coa "Lei 9/2001, do 21 de agosto, de conservación da natureza", e que creou o "Catálogo Galego de Árbores Senlleiras de Galicia" e regulou o seu proceso de declaración. Co "Decreto 67/2007, do 22 de marzo" concretouse ese proceso de declaración e conservación desas árbores. Na creación do catálogo, no 2007, engadíronse varios monumentos naturais que xa foran creados polo interese de conservación das súas árbores: a Fraga de Catasós, o Souto da Retorta e o Souto de Rozabales.[2][3]

En Galiza en 2020 estaban declaradas 197 árbores ou formación arbóreas de 78 especies, entre as cales se atopan carballos, castiñeiros, teixos e sobreiras (entre as especies de árbores autóctonas) e camelias, sequoias ou alciprestes (entre as especies ornamentais ou importadas).[1]

Catálogo de árbores senlleiras[editar | editar a fonte]

A vella oliveira de Vigo do Paseo de Afonso XII, símbolo da cidade.
Árbore das bruxas, Metrosideros excelsa, na policía local da Coruña

A "Lei 9/2001, do 21 de agosto, de conservación da natureza" creou no seu "Tit. I Cap. II artigo 52" a figura de catálogo de árbores senlleiras que no que se indica que se deben incluír aqueles exemplares ou formacións dos que, polos seus valores ou intereses natural, cultural, científico, educativo, estético ou paisaxístico, sexa necesario asegurar a súa conservación. Ese catálogo de árbores senlleiras elaborouse e regulouse no 2007 co "Decreto 67/2007, do 22 de marzo", coa finalidade de definir a súa forma de declaración, conservación e descatalogación. Esta figura conservouse coa aprobación da "Lei 5/2019, do 2 de agosto, do patrimonio natural e da biodiversidade de Galicia".[2][3][4]

A lexislación establece que a candidatura de de árbores senlleiras pode ser iniciada por entidades públicas ou privadas e estas estar en terreos de diferente titularidade. Á hora de seleccionar os exemplares ou formacións senlleiras estúdase a idade dos exemplares, relevancia cultural (criterios históricos e tradicionais), valor estético (criterios estéticos e dendrométricos), rareza (criterios biolóxicos e ecolóxicos) na súa situación ou na súa distribución (criterios de situación) etc. O obxectivo é fundamentalmente protexelas de riscos e ameazas, garantindo a súa conservación. Nos exemplares incluídos no catálogo poderanse levar a cabo, baixo a supervisión da administración, todo tipo de tratamentos silvícolas e actuacións encamiñadas á súa protección, conservación e mellora.[2]

Críticas[editar | editar a fonte]

Algunhas críticas ao catálogo xestionado por parte da Xunta foi non actualizasen a listaxe dende o ano 2011, mentres algunhas árbores senlleiras tivesen desaparecido dende entón e outras se atopen en risco extremo de morte ou desaparición.[Cómpre referencia] Entre estes exemplares figuran a magnolia do Pazo de Santa Cruz (Vedra); o piñeiro manso dos Candeiras (en Ponteareas), o piñeiro bravo de Alxén (en Salvaterra de Miño); unha faia do Parque de Castrelos (en Vigo); media ducia de carballos centenarios da Carballeira de Caldas de Reis; un par de alciprestes de California do peirao de Ortigueira; o olmo de Holanda do Pazo de Lourizán (en Pontevedra); o rododendro de Serantellos (en Cambados) e o chopo branco do Balneario de Cuntis (xa desaparecido por mor dun vendaval en 2013). A situación do teixo dos Tenreiro, en Pontedeume, é tamén crítica.[5][Cómpre referencia]

Listaxes[editar | editar a fonte]

O eucalipto coñecido como "O Avó" do Souto da Retorta. Pódese apreciar o groso do toro.
A camelia do parque de Castrelos, en Vigo, a máis vella de Galiza.

Entre as árbores senlleiras galegas destacan aquelas que foron declaradas monumentos naturais. Son:

  • A Carballa da Rocha: esta formación arbórea atópase en Rairiz de Veiga á beira do río Limia preto da antiga Lagoa de Antela. Está na contorna do ZEC da Veiga de Ponteliñares. Destaca por un carballo, Quercus robur L., de grandes dimensións e cando menos 400 anos. Nesta carballeira celébrase a romaría da saínza.[6][7]
  • A Fraga de Catasós, a Carballeira ou Souto de Quiroga: é unha fraga que se atopa en Quintela, na parroquia de Catasós (Lalín). É un bosque mixto de carballos (Quercus robur L.), e castiñeiros (Castanea sativa). Os castiñeiros chegan a máis de 30 metros de altura e 5 metros de perímetro basal.[8][7]
  • O Souto da Retorta: esta formación, que se atopa na parroquia de Chavín (Viveiro) á beira do río Landro, é fundamentalmente un souto. Nel destaca, porén, o eucalipto azul coñecido como O Avó. Malia non ser o exemplar máis alto do conxunto arbóreo da Retorta, é o máis sobresaínte polo seu grosor e por ser o máis ancián desta paraxe (ten entre 120 e 130 anos). Acada os 61,8 metros de altura, ten 7,6 metros de perímetro e un volume de 75,2 metros cúbicos. É considerada a árbore máis grande de Galiza e de España, e unhas das máis grandes de Europa.[9] Este souto atópase en parte dentro do ZEC Río Landro.[10][7]
  • O Souto de Rozavales: son soutos mansos galegos de castiñeiros, que se atopan en [[Manzaneda]. Este souto adevesado e en xeral enxertado empregouse para obter madeira e castañas e pode ter preto de 1.000 anos. A súa árbore máis singular é o ou castiñeiro de Pumbariños, que ten un perímetro basal de 13 metros e unha base de 1,90 metros. Este souto atópase na ZEC do Macizo Central.[11][7]

Algunhas árbores destacadas son:

Algunhas formacións arbóreas destacadas son:

Listaxe de árbores senlleiras de Galiza[editar | editar a fonte]

A seguir amósase a listaxe oficial por especies que a compoñen e o lugar onde se atopan do Catálogo de Árbores Senlleiras da Galiza, da Xunta de Galicia, a data de 2020.[13]

Código Nome Especie Concello Provincia
1A Perona do Paseo da Ferradura Abeto do cáucaso Santiago de Compostela A Coruña
2A Pradairo da Igrexa de Vilarpandín Pradairo común Navia de Suarna Lugo
3A Pravia de Vilalba Pradairo común Vilalba Lugo
4A Castiñeiro das Indias do Xardín botánico de Padrón Castiñeiro das bruxas Padrón A Coruña
5A Ameneiro do Pazo de Maside Amieiro Pantón Lugo
6A Araucaria do Brasil do Parque de Caldas de Reis Piñeiro do Paraná Caldas de Reis Pontevedra
7A Araucaria Araucana do Castelo de Soutomaior Piñeiro de Chile Soutomaior Pontevedra
8A Araucaria Excelsa da Casa de Tenreiro Piñeiro de Norfolk Pontedeume A Coruña
9A Érbedo do Pazo de Mariñán Érbedo Bergondo A Coruña
10A Cedro de California do Pazo de Torrecedeira Cedro de California (Calocedrus decurrens) Redondela Pontevedra
11A Camelia "Pantalóns" do Pazo de Lens Camelia do Xapón Ames A Coruña
12A Camelia do Pazo de Santa Cruz Camelia do Xapón Vedra A Coruña
13A Camelias do Pazo de Torres Agrelo Camelia do Xapón Redondela Pontevedra
14A Matusalén de Camelias do Pazo de Castrelos Camelia do Xapón Vigo Pontevedra
15A Camelia reticulada do Pazo de Oca Camellia reticulata A Estrada Pontevedra
16A Camelia 'sasanqua' do Pazo de Torres Agrelo Camellia sasanqua Redondela Pontevedra
18A Castiñeiro da Capela Castiñeiro común Begonte Lugo
19A Castiñeiro do Val da Fonte Castiñeiro común Folgoso do Courel Lugo
20A Castiñeiro de Pumbariños do Souto de Rozabales Castiñeiro común Manzaneda Ourense
21A Castiñeiro do Mola Castiñeiro común A Mezquita Ourense
22A Castiñeiro da Ribeira Castiñeiro común A Mezquita Ourense
23A Castiñeiro do Souto da Ramigoa. Castiñeiro común Nogueira de Ramuín Ourense
24A Castiñeiro da Regadiña Castiñeiro común A Pobra de Trives Ourense
25A Castiñeiros de Peninvello Castiñeiros comúns Xinzo de Limia Ourense
26A Casuarinas da Alameda da Praza de Compostela Piñeiro de Australia Vigo Pontevedra
27A Cedros do Himalaia dos Xardíns de Vincenti Cedros do Himalaia Pontevedra Pontevedra
28A Cedro do Líbano do Pazo de Lourizán Cedro do Líbano Pontevedra Pontevedra
29A Coroa de Cristo do Xardín Histórico de Padrón Árbore do amor Padrón A Coruña
30A Camecíparis de Lawson da Casa da Puebla Chamaecyparis lawsoniana O Incio Lugo
31A Camecíparis de Lawson do Castelo de Soutomaior Chamaecyparis lawsoniana O Incio Lugo
32A Canforeiras do Pazo de Rubiáns Canforeira Vilagarcía de Arousa Pontevedra
33A Laranxeira "obscena" do Pazo de Brandariz Laranxeira amarga Ortigueira A Coruña
34A Criptomeria do Pazo de Santa Cruz Cryptomeria japonica Vedra A Coruña
35A Criptomeria do Castelo de Soutomaior Cryptomeria japonica Soutomaior Pontevedra
36A Criptomeria elegante do Pazo de Oca Cryptomeria japonica var.elegans A Estrada Pontevedra
37A Cunninghamia do Pazo de Gondomar Cunninghamia lanceolata Gondomar Pontevedra
38A Cunninghamia do Pazo-Xardín de Caldas de Reis Cunninghamia lanceolata Caldas de Reis Pontevedra
39A Alcipreste da California da Misericordia Alcipreste da California Viveiro Lugo
40A Alcipreste da California do Pazo de Quintáns Alcipreste da California Meis Pontevedra
41A Alcipreste mediterráneo da Capela do Salvador Alcipreste mediterráneo (Cupressus sempervirens var. fastigiata). Samos Lugo
42A Eucaliptos do Pazo de Mariñán Eucalipto azul Bergondo A Coruña
43A Eucalipto da Casa de Reimunde Eucalipto azul Foz Lugo
44A O Avó de Chavín, Souto da Retorta Eucalipto azul Viveiro Lugo
45A Eucaliptos do Paseo da Ferradura Eucalipto azul Santiago de Compostela A Coruña
46A Eucaliptos do Pazo de Castrelos Eucalipto azul Vigo Pontevedra
47A Eucalipto do Maná da Casa de Ordax Eucalyptus viminalis Castro de Rei Lugo
48A Faias do Parque de Castrelos Faia europea Vigo Pontevedra
49A Figueira do Meco Figueira común O Grove Pontevedra
50A Figueira da Casa-Museo de Rosalía de Castro Figueira común Padrón A Coruña
51A Freixo de folla estreita de Montepando Freixo de folla estreita Monforte de Lemos Lugo
52A Freixo de Porta Freixo común Sobrado dos Monxes A Coruña
53A Xinkgos do Pazo de Fonseca Xinkgo Santiago de Compostela A Coruña
54A Acivro do Pazo de Casanova Acivro O Pino A Coruña
55A Cocoteiro de Chile do Pazo de Meirás Palmeira de Chile Sada A Coruña
56A Tulipeiros de Virxinia do Pazo de Santa Cruz Árbore das tulipas Vedra A Coruña
57A Tulipeiros de Virxinia do Pazo de Castrelos Árbore das tulipas Vigo Pontevedra
58A Magnolio Grandiflora de Santa Rita Magnolio común Narón A Coruña
59A Magnolias Grandifloras do Pazo de Rubiáns Magnolio común Vilagarcía de Arousa Pontevedra
61A Metasequoia do Pazo de Lourizán Sequoia do alba Pontevedra Pontevedra
62A Metrosideros excelso dos xardíns da Torre de Andrade Árbore das bruxas Pontedeume A Coruña
63A Metrosideros excelso do Xardín da Policía da Coruña Árbore das bruxas A Coruña A Coruña
64A Oliveira do Paseo de Afonso XII Oliveira Vigo Pontevedra
65A Oliveiras do Cemiterio de Adina Oliveira Padrón A Coruña
66A Palmeira datileira do Mosteiro de Herbón Datileira Padrón A Coruña
67A Ombú do Centro Cultural de Santa Cruz Ombú Oleiros A Coruña
68A Ombú do Pazo de Santa Cruz Ombú Vedra A Coruña
Ombú do Castro de Vigo Ombú Vigo Pontevedra
69A Piñeiro Bravo de Leiro Piñeiro bravo Miño A Coruña
71A Piñeiro insigne do Castelo de Santa Cruz Piñeiro insigne Oleiros A Coruña
72A Plátano de Sombra do Pazo de Dompiñor Platanus hispanica O Incio Lugo
73A Douglasia Verde do Pazo de Casanova Abeto de Douglas O Pino A Coruña
74A Carballo Albarda da Praza do Campo de Quindous Carballo albariño Cervantes Lugo
75A Rebolo da Praza do Campo de Quindous Cerquiño Cervantes Lugo
76A Rebolo do Pazo da Pena Cerquiño Manzaneda Ourense
77A Carballo do Pazo de Vilardefrancos Carballo común Carballo A Coruña
78A Carballo de Ramos Carballo común Taboada Lugo
79A Carballo do Viño ou Carballo do Pelete Carballo común A Lama Pontevedra
80A Carballo da Capela de Santa Margarida Carballo común Pontevedra Pontevedra
81A Carballa da Rocha Carballo común Rairiz de Veiga Ourense
82A Carballo do Pazo de Cartelos Carballo común Carballedo Lugo
83A Carballo Grande de Bustelo de Abaixo Carballo común Carballedo Lugo
84A Carballo da Casa do Herdeiro Carballo común Carballedo Lugo
85A Carballos do Campo de Golf Carballo común Lugo Lugo
86A Carballo de Mede Carballo común Xermade Lugo
87A Carballo da Casa Grande Carballo común Carballedo Lugo
88A Carballo Grande do Mestre Carballo común Carballedo Lugo
89A Carballo grande de Reboreda Carballo común Porqueira Ourense
90A Carballo fastixiado do Pazo de Santa Cruz Carballo común Q. robur var. fastigiata Vedra A Coruña
91A Carballo fastixiado do Xardín botánico de Padrón Carballo común Q. robur var. fastigiata Padrón A Coruña
92A Aciñeira de Covas. Aciñeira (Q. ilex subsp. ballota) Rubiá Ourense
93A Sobreira de Valboa Sobreira A Estrada Pontevedra
94A Sobreira do Pazo de Valiñas Sobreira A Estrada Pontevedra
95A Sobreira do Cristo de Arriba Sobreira Redondela Pontevedra
96A Sobreira da Casa do Tristo, ou de Santiorxo Sobreira A Pobra do Brollón Lugo
97A Sequoias vermellas do Xardín botánico de Padrón Sequoia común Padrón A Coruña
98A Sequoia vermella do Castelo de Soutomaior Sequoia común Soutomaior Pontevedra
99A Sequoia xigante do Pazo do Casal Sequoia xigante Bergondo A Coruña
100A Alciprestes dos illós do Xardín de Artime Alcipreste dos illós Vilagarcía de Arousa Pontevedra
101A Teixo do Pazo de Baldomir Teixo Bergondo A Coruña
102A Teixo da Igrexa de Córneas Teixo Baleira Lugo
103A Teixo da Casa dos Tenreiro Teixo Pontedeume A Coruña
104A Tuia Xigante do Pazo de Torres Agrelo Tuia xigante Redondela Pontevedra
105A Tileiro Prateado da Alameda do Campo da Estrela Tilieiro prateado Santiago de Compostela A Coruña
106A Palmeiras Washingtonias robustas do Pazo de Santa Cruz Palmeira de abano mexicana Vedra A Coruña
107A Abeto branco de Carballal Abeto branco A Estrada Pontevedra
108A Araucaria de Carballeira Araucaria americana Pontevedra Pontevedra
109A Piñeiro de Norfolk do Pazo de Rubiáns Piñeiro de Norfolk Vilagarcía de Arousa Pontevedra
110A Castiñeiro de Pexeiros Castiñeiro común Os Blancos Ourense
111A Castiñeiro de Cerdedelo Castiñeiro común Laza Ourense
112A Castiñeiro de Trambolosríos Castiñeiro común Parada de Sil Ourense
113A Castiñeiro de Santa Eufemia Castiñeiro común Baños de Molgas Ourense
114A Castiñeiro de Cádavos Castiñeiro común A Mezquita Ourense
115A Castiñeiro do Prado da Ponte Castiñeiro común A Mezquita Ourense
116A Castiñeiro de Placín Castiñeiro común Manzaneda Ourense
117A Abeleira do Pazo de Lourizán Abeleira Pontevedra Pontevedra
118A Criptomeria do Xapón do Pazo de Lourizán Cedro xaponés Pontevedra Pontevedra
119A Dicksonia do Pazo de Santa Cruz Dicksonia antarctica Vedra A Coruña
120A Freixo de folla estreita de Albarín Freixo de folla estreita O Porriño Pontevedra
121A Xinkgo de Vilaboa Xinkgo Culleredo A Coruña
122A Nogueira de Licín Nogueira europea O Saviñao Lugo
123A Magnolia de Oural Magnolio común Boqueixón A Coruña
124A Metrosideros da finca de Besada Metrosideros robusta Poio Pontevedra
125A Moreira negra de Cangas de Foz Moreira negra Foz Lugo
126A Piñeiro de Alxán Piñeiro bravo Salvaterra de Miño Pontevedra
128A Carballo da Portela Carballo común Mondariz Pontevedra
129A Carballo de Portacal Carballo común Sobrado A Coruña
130A Carballo de Freán Carballo común Xermade Lugo
131A Carballo de Vilatuxe Carballo común Lalín Pontevedra
132A Carballo de Soutolongo Carballo común Lalín Pontevedra
133A Pai dos Rebolos Carballo común Viana do Bolo Ourense
134A Carballo de Luxís Carballo común Castro de Rei Lugo
135A Carballo de Cabanavella-I Carballo común Cervantes Lugo
136A Carballo de Cabanavella-II Carballo común Cervantes Lugo
137A Sobreira de Loña Sobreira Ourense Ourense
138A Sobreira de Siador Sobreira Silleda Pontevedra
139A Rododendro arbóreo de Serantellos Rododendro arbóreo Cambados Pontevedra
140A Salgueiro da braña de Xafardán Salgueiro bravo Vilanova de Arousa Pontevedra
141A Sequoia vermella do Pazo de Lourizán Sequoia común Pontevedra Pontevedra
142A Sófora xaponesa do Pazo de Lourizán Sófora S. japonica var. pendula Pontevedra Pontevedra
143A Teixo de Cereixido Teixo Quiroga Lugo
144A Teixo de Carballido Teixo A Fonsagrada Lugo
145A Teixo de Fontaneira Teixo Baleira Lugo
146A Teixo de Balmonte Teixo Castro de Rei Lugo
148A Cedro atlántico do Pazo do Hórreo Cedrus atlantica Santiago de Compostela A Coruña
149A Ombú do Castro Ombú Vigo Pontevedra
150A Castiñeiro de Soutogrande Castiñeiro común Vilariño de Conso Ourense
151A Piñeiro manso do Pazo do Cabido Piñeiro manso Vilanova de Arousa Pontevedra
152A Carballo de Bermés Castiñeiro común Lalín Pontevedra
153A Sequoia da alameda do Campo da Estrela Sequoia común Santiago de Compostela A Coruña
154A Cerquiño de Queguas Cerquiño Entrimo Ourense
155A Castiñeiro de Oreal Castiñeiro común Viana do Bolo Ourense
156A Falso ciprés de Silvouta Alcipreste de Lawson Santiago de Compostela A Coruña
157A Magnolia grandiflora da Casa da Picota Magnolio común Boqueixón A Coruña

Listaxe de formacións senlleiras de Galiza[editar | editar a fonte]

Código Nome da formación Especie Concello Provincia
1F Buxal da Casa da Botana Buxo Arzúa A Coruña
2F Buxal do Pazo de Santa Cruz Buxo Vedra A Coruña
3F Buxal do Pazo de Oca Buxo A Estrada Pontevedra
4F Castiñeiros do Xapón e da China do Pazo de Lourizán Castiñeiro do Xapón e castiñeiro da China Pontevedra Pontevedra
5F Fraga de Catasós Castiñeiro común e carballo común Lalín Pontevedra
6F Souto de Rozabales Castiñeiro común Manzaneda Ourense
7F Carreira de eucaliptos do Pazo de Barrantes Eucalipto azul Ribadumia Pontevedra
8F Eucaliptos do Pazo de Rubiáns Eucalipto azul Vilagarcía de Arousa Pontevedra
9F Souto da Retorta Eucalipto azul Viveiro Lugo
10F Alciprestes de California do Xardín do Malecón Alcipreste de California Ortigueira A Coruña
11F Mirtos do Pazo de Mariñán Mirto Bergondo A Coruña
12F Retícula de oliveiras do Pazo de Santa Cruz Oliveira Vedra A Coruña
13F Palmeiral canario dos Xardíns de Méndez Núñez Palmeira das Canarias A Coruña A Coruña
14F Palmeiras do Senegal do Xardín botánico de Padrón Palmeira do Senegal Padrón A Coruña
15F Plátanos de sombra do Pazo de Mariñán Plátano común (Platanus hispanica) Bergondo A Coruña
16F Plátanos de sombra do Paseo do Esporón de Padrón Plátano común (Platanus hispanica) Padrón A Coruña
17F Carballeira de Caldas de Reis Carballo común Caldas de Reis Pontevedra
18F Carballeira de San Lourenzo de Trasouto Carballo común Santiago de Compostela A Coruña
19F Teixedal de Casaio Teixo común Carballeda de Valdeorras Ourense
20F Carreira dos tileiros do Pazo de Oca Tileiro de folla grande A Estrada Pontevedra
21F Olmos do Xardín de San Carlos Ulmus x hollandica A Coruña A Coruña
22F Carreira de araucarias de Noia Araucaria australiana Noia A Coruña
23F Bidueiral de Xares Bidueiro (B. celtiberica) A Veiga Ourense
24F Carreira de buxos da illa de San Simón Buxo Redondela Pontevedra
25F Buxeda do Pazo de San Lourenzo Buxo Santiago de Compostela A Coruña
26F Castiñeiros dos Blancos Castiñeiro común Os Blancos Ourense
27F Devesa de Cartelos Carballo común Carballedo Lugo
28F Carballos da Praza do Campo de Bande Carballo común Bande Ourense
29F Sobreiral de Magán Sobreira Cuntis Pontevedra
30F Tileiros prateados da igrexa de San Domingos Tileiro prateado Ribadavia Ourense
31F Tileiros prateados do Mosteiro de Oseira Tileiro prateado San Cristovo de Cea Ourense
32F Faias de San Xoán de Lagostelle Faia Guitiriz Lugo
33F Sobreiras do Faro Sobreira Oia Pontevedra
34F Araucarias de Cambados Piñeiro de Norfolk Cambados Pontevedra
35F Carballeira de Miumenta Carballo común e freixo común Cospeito Lugo
36F Piñeiros mansos do Rosal Piñeiro manso O Rosal Pontevedra
37F Souto da Rubial Castiñeiro común Folgoso do Courel Lugo
38F Olmos de Santiago de Reinante Ulmux x hollandica Barreiros Lugo
39F Carreira de buxos do pazo Quinteiro da Cruz Buxo Barreiros Lugo

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda. Xunta de Galicia, eds. "O Catálogo galego de árbores senlleiras". 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible (Martes, 17 de abril de 2007). Xunta de Galicia, eds. "Decreto 67/2007, do 22 de marzo, polo que se regula o Catálogo Galego de Árbores Senlleiras.". DOG (Núm. 74): Páx. 6.136. 
  3. 3,0 3,1 Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible (Martes, 04 de setembro de 2001). Xunta de Galicia, eds. "Lei 9/2001, do 21 de agosto, de conservación da natureza, no seu artigo 52, procedeu á creación do Catálogo Galego de Árbores Senlleiras de Galicia". DOG (Núm. 171): 11.754. 
  4. Presidencia da Xunta de Galicia (Martes, 04 de setembro de 2001). Xunta de Galicia, eds. "LEI 5/2019, do 2 de agosto, do patrimonio natural e da biodiversidade de Galicia." (DOG Núm. 171): 11.754. 
  5. Noticia en El País, de xullo de 2014.
  6. Conllerería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible (Venres, 23 de marzo de 2007). Xunta de Galicia, eds. "Decreto 45/2007, do 1 de marzo, polo quese declara monumento natural A Carballada Rocha, no concello de Rairiz de Veiga.páxinas = 4.690-4.692" (PDF). DOG (Núm. 59). 
  7. 7,0 7,1 7,2 7,3 Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda. Xunta de Galicia, eds. "Monumentos Naturais". 
  8. Consellería de Medio Ambiente (Mércores, 12 de abril de 2000). Xunta de Galicia, eds. "DECRETO 76/2000, do 25 de febreiro, polo que se declara monumento natural a Fraga de Catasós, no concello de Lalín (provincia de Pontevedra).". DOG (Núm. 72): 5.140. 
  9. Moya Sánchez, Bernabé (2003). Árboles Monumentales de España (en castelán). Madrid: CLH. p. 397. 
  10. Consellería de Medio Ambiente (Mércores, 12 de abril de 2000). Xunta de Galicia, eds. "DECRETO 77/2000, do 25 de febreiro, polo que se declara monumento natural o Souto da Retorta, no concello de Viveiro (provincia de Lugo).". DOG (Núm. 72): Páx. 5.142. 
  11. Conllerería de Medio Ambiente (Mércores, 12 de abril de 2000). Xunta de Galicia, eds. "DECRETO 78/2000, do 25 de febreiro, polo que se declara monumento natural o Souto de Rozabales, no concello de Manzaneda (provincia de Ourense).". DOG (Núm. 72): Páx. 5.144. 
  12. Rocío García (15 de agosto de 2020). "Los restos de la Sobreira de Balboa esperan un uso simbólico en una finca de A Estrada". La Voz de Galicia. 
  13. Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda. Xunta de Galicia, eds. (pdf) https://cmatv.xunta.gal/c/document_library/get_file?folderId=445351&name=DLFE-54752.pdf. Consultado o 29/07/2020.  Parámetro descoñecido |titulo= ignorado (suxírese |título=) (Axuda); Falta o |title= (Axuda)

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

casos de exemplares con artigo propio
casos de formacións con artigo propio

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]