Saltar ao contido

Cedro do Atlas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Cedro do Atlas
Cedrus atlantica
Élie-Abel Carrière 1855 Editar o valor en Wikidata
 Instancia de
 Categoría taxonómica
 Taxon superior
 Nome curto
C. atlantica Editar o valor en Wikidata
 Basónimo
Características
 Tipo de follaxe
 Fonte de
Conservación
 Identificador UICN
Distribución
Clasificación taxonómica
ReinoPlantae
DivisiónPinophyta
ClasePinopsida
OrdePinales
FamiliaPinaceae
XéneroCedrus
EspecieCedrus libani
Identificadores
Freebase/m/025ryfb Editar o valor en Wikidata
UNII4B543E09LZ Editar o valor en Wikidata
OTT1080542 Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
 Descrito pola fonte
Wikidata C:Commons
Cedro do Atlas
Piñas do cedro do Atlas

O cedro do Atlas ou piñeiro de Marrocos (Cedrus libani var. atlantica, antes Cedrus atlantica) é unha variante do cedro orixinaria do norte de África, existente sobre todo en Alxeria e Marrocos. Os lugares onde máis abunda son en Aures, a Kabylia, o Rif e, evidentemente, a cordilleira do Atlas.

En Galicia é empregada como árbore ornamental.

É unha árbore de grande tamaño e moi lonxeva. Pode chegar aos 40 m de altura e vivir 1.000 anos. Presenta porte piramidal, con pólas ascendentes e cortiza gris clara, pouco fendida. As acículas son de corte cuadrangular, verdes ou azuladas, de 0,8 a 3 cm de lonxitude e co ápice agudo. Inflorescencias masculinas de cor amarela verdosa e femininas de tonalidade verde esbrancuxada, florecen entre outubro e novembro. Piñas erectas, cilíndricas, co vértice aplanado, de 5 a 10 cm de lonxitude e de cor verdosa, que chegan a ser castañas na madureza.

É o máis resistente de todos os cedros e proporciona unha boa madeira, moi resistente á putrefacción, moi aromática, e cun cheiro que afasta os insectos. O aceite natural aromático ten propiedades antisépticas e era empregado polos antigos exipcios no proceso de embalsamamento.