Fraga de Catasós
Coordenadas: 42°38′10″N 8°05′40″O / 42.63611, -8.09454
Fraga de Catasós | |||
---|---|---|---|
![]() | |||
Marco Legal | |||
Figura de Protección: | Monumento Natural | ||
Ano de constitución: | 12 de abril de 2000[1] | ||
Superficie: | 4,52 ha. | ||
Lexislación: | Decreto 67/2007, do 22 de marzo. | ||
Datos de interese | |||
País: | ![]() | ||
Provincias: | Pontevedra | ||
Concellos: | Lalín | ||
Ríos: | |||
Picos | |||
Direccións de interese: | |||
Teléfonos: |
A fraga de Catasós, a carballeira ou souto de Quiroga é unha fraga (ou souto mixto) declarada árbore senlleira e monumento natural no ano 2000 e que se sitúa no lugar de Quintela, Catasós, no concello pontevedrés de Lalín. Tamén se coñece co nome de "carballeira" xa que a maior parte dos exemplares dominantes son carballos. Como tamén salienta polos seus senlleiros castiñeiros tamén se lle emprega "souto". Algúns castaños son de varios centos de anos, de 5 metros de circunferencia e máis de 30 metros de altura (os máis altos de Europa).[1][2]
Descrición[editar | editar a fonte]
É un reduto de fraga (bosque caducifolio mixto atlántico) que ocupa unha superficie total 4.5185 hectáreas. Aséntase sobre micacitas metamórficas pre-hercínicas básicas, que dan lugar a solos pardos acedos, de alta produtividade forestal. A área pertence á rexión eurosiberiana, provincia atlántica-europea e subprovincia cántabro-atlántica, e adscríbese ao sector galaico-portugués. Encóntrase nunha zona de transición entre o dominio climático oceánico de montaña e oceánico húmido con tendencia á aridez estival, cunha precipitación media anual de 1.290 mm, unha temperatura media de 12,7 °C e unha media de 293 días libres de xeadas. Sitúase a unha altitude aproximada de 550 m sobre o nivel do mar.
Especies de importancia[editar | editar a fonte]
Destacan no espazo a presenza de:
- o carballo común, Quercus robur.
- o castiñeiro, Castanea sativa, algún senlleiros e dos maiores do continente. Foron aproveitados coma soutos para produción de castañas e madeira (fabricación de moblaxe, trabes e leña).
- a Narcissus cyclamineus, un amarelle, herbácea endémica de Galicia e norte de Portugal, recollida no anexo II da Directiva Hábitats, considérase vulnerable en Galicia.
- e a vacaloura (Lucanus cervus), recollida no anexo II da Directiva Hábitats, considérase vulnerable en Galicia.
Toro dun castiñeiro da fraga de Catasós, derrubado en 1984 polo furacán Hortensia, cunha idade estimada de 270 anos.
Esquema do toro dun castiñeiro da fraga de Catasós.
Situación[editar | editar a fonte]
A fraga atópase a uns 4 km da vila de Lalín, preto da estrada N-525 entre Santiago de Compostela e Ourense. Posúe unha curta e sinxela ruta para practicar sendeirismo, un paseo fluvial a través da fraga moi ben sinalizada.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ 1,0 1,1 Consellería de Medio Ambiente (Mércores, 12 de abril de 2000). Xunta de Galicia, eds. "DECRETO 76/2000, do 25 de febreiro, polo que se declara monumento natural a Fraga de Catasós, no concello de Lalín (provincia de Pontevedra).". DOG (Núm. 72): 5.140.
- ↑ Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda. Xunta de Galicia, eds. "Monumentos Naturais: Fraga de Catasós".
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Fraga de Catasós ![]() |
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- Información da fraga na web da Xunta de Galicia, Consellaría de Medio Ambiente, territorio e infraestruturas
- Información da fraga da web de Turgalicia