Pazo de Vilar de Francos
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. |
| Pazo de Vilar de Francos | |||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|
| Vilar de Francos | |||||||
|
Instancia de
| |||||||
| |||||||
| |||||||
| Wikidata C:Commons |

O pazo de Vilar de Francos é unha casa solariega localizada en Vilar de Francos, na parroquia de Artes, no concello de Carballo. O edificio data do século XVI e mantén a súa estrutura orixinal en bo estado de conservación. Actualmente é de propiedade privada e non é visitable.
Descrición
[editar | editar a fonte]O edificio principal do pazo está coroado por unha torre defensiva que se remonta á época dos Reis Católicos; érguese como fortaleza para presidir unha encrucillada de vales, bosques e xardíns. O edificio ten planta aproximadamente rectangular formada por un engadido de dependencias á torre central, e está arrodeado por unha muralla amenada que garda as zonas axardinadas e agrícolas. O pazo conta tamén con alpendres, cortes, hórreo e outras dependencias.
Preto do pazo hai un exemplar de carballo duns 700 anos de antigüidade coñecido como o carballo de Santo Antonio, declarada árbore senlleira. Segundo a tradición, as rapazas que conseguen introducir unha pedra dentro da árbore tirándoa de costas casan nese mesmo ano.