Zona especial de conservación do Río Landro

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 43°37′43″N 7°37′03″O / 43.628700, -7.617500

Río Landro
Marco Legal
Figura de Protección: ZEC
Ano de constitución: Decembro de 2004
Superficie: 127,19 ha.
Lexislación: LIC o 29 de decembro de 2004, ZEC o 31 de marzo de 2014.[1][2][3]
Datos de interese
País: Galicia Galicia
Provincias: Lugo
Concellos: Ourol, Viveiro
Ríos: río Landro
Picos
Direccións de interese:
Teléfonos:

O río Landro é un espazo natural galego catalogado como zona especial de conservación (ZEC) que inclúe parte das ribeiras do río Landro, desde case o seu comezo ata o interior do esteiro da ría de Viveiro, e do seu afluente o rego de Bravos. Esta área de conservación ocupa 127,19 ha. da mariña occidental lucense nos concellos de Ourol e Viveiro, comezando desde Bravos e Xerdiz e Miñotos e indo ata Vieiro e Magazos.[1][2][3][4][5] Destaca pola presenza do salmón e polos hábitats de xunqueiras na marisma.[5]

Parte deste espazo cadra co monumento natural do Souto da Retorta, e nel están os eucaliptais de Chavín.[4]

Fauna e flora[editar | editar a fonte]

Flora[editar | editar a fonte]

Os hábitats cos que conta a vexetación deste espazo van desde aqueles dos esteiro e as lameiras que o rodean, os prados e pasteiros, as matogueiras, os queirogais, así como os bosques de ribeira, tanto de monte como das abas das ribeiras.[4]

Nos bosques do río Landro teñen presenza os soutos e carballeiras de Quercus robur e Quercus pyrenaica, así como os bosques de ribeira de abeneiros (Alnus glutinosa) e freixos (Fraxinus excelsior).[4]

As especies da flora catalogadas como especies silvestres en réxime de protección especial ou presentes no catalogo galego de especies ameazadas son:[4]

Especie
Narcissus asturiensis
Narcissus cyclamineus

Fauna[editar | editar a fonte]

Entre a fauna compre destacar os mamíferos acuáticos, como as londras, e as ameixas perlíferas de río. Tamén, a presenza de 9 taxóns de aves con interese de protección, como o picapeixe (Alcedo athis) e a papuxa do mato (Sylvia undata).

As especies de fauna catalogadas como especies silvestres en réxime de protección especial ou presentes no catalogo galego de especies ameazadas son:[4]

Grupo Especie
Invertebrados Coenagrion mercuriale
Invertebrados Lucanus cervus
Invertebrados Ameixa perlífera de río (Margaritifera margaritifera)
Peixes Chondrostoma polylepis
Peixes Petromyzon marinus
Peixes Salmo salar
Anfibios Chioglossa lusitanica
Anfibios Discoglossus galganoi
Anfibios Lacerta monticola
Anfibios Lacerta schreiberi
Mamíferos Galemys pyrenaicus
Mamíferos Lutra lutra
Mamíferos Myotis myotis
Mamíferos Rhinolophus ferrumequinum
Mamíferos Rhinolophus hipposideros

Lexislación[editar | editar a fonte]

O río Landro foi declarado como lugar de importancia comunitaria (LIC) en decembro de 2004 e ascendeu a zona especial de conservación (ZEC) en marzo de 2014. O espazo natural ten unha parte dentro de:[4]

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 BOE - Goberno de España, eds. (29/12/2004). "Decisión de la Comisión, de 7 de diciembre de 2004, por la que se aprueba, de conformidad con la Directiva 92/43/CEE del Consejo, la lista de lugares de importancia comunitaria de la región biogeográfica atlántica [notificada con el número C(2004) 4032].". Diario Oficial de la Unión Europea: L 387/1–96. 
  2. 2,0 2,1 Consellería de medio ambiente (Luns, 31 de marzo de 2014). DOG - Xunta de Galicia, eds. "DECRETO 37/2014, do 27 de marzo, polo que se declaran zonas especiais de conservación os lugares de importancia comunitaria de Galicia e se aproba o Plan director da Rede Natura 2000 de Galicia." (62): 13.427. 
  3. 3,0 3,1 Consellería de medio ambiente (Luns, 12 de abril de 2004). DOG - Xunta de Galicia, eds. "DECRETO 72/2004, do 2 de abril, polo que se declaran determinados Espazos como Zonas de Especial Protección dos Valores Naturais." (69): 5.046. 
  4. 4,0 4,1 4,2 4,3 4,4 4,5 4,6 Consellaría de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, Xunta de Galicia (eds.). "ZEC ES1120012 Río Landro". Consultado o 24/8/2019. 
  5. 5,0 5,1 Axencia Ambiental Europea - Unión Europea (eds.). "ES1120012 Río Landro". Consultado o 24/8/2019.