Teixedal de Casaio
| Tipo | bosque árbores senlleiras de Galicia | |||
|---|---|---|---|---|
| Localización | ||||
| División administrativa | Casaio, España | |||
| ||||
O teixedal de Casaio, coñecido tamén como O Teixadal, é un pequeno bosque de teixos situado na parroquia de Casaio no municipio de Carballeda de Valdeorras (provincia de Ourense). Forma parte da zona especial de conservación (ZEC) de Pena Trevinca, case no linde coas provincias de León e Zamora. É un bosque de difícil acceso[1][2] que se salvou das explotacións de lousa.
É un dos poucos bosques naturais de teixos existentes en Europa xa que esta é unha árbore que adoita medrar illada. Ten ó redor de 400 teixos, a maioría deles centenarios, e ocupa unhas 6 hectáreas. Conviven con outras especies como acivros, abeleiras, ou freixos.
Desde 2007 está catalogado como Formación singular, co número 19, dentro do Catálogo de Árbores Senlleiras de Galicia.[3].
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ galiciaenteira.com (eds.). "O teixedal de Casaio, el bosque perdido". Arquivado dende o orixinal o 29 de outubro de 2017. Consultado o 29 de outubro de 2017.
- ↑ Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, Xunta de Galicia. (eds.). "Catálogo de árbores senlleiras".
- ↑ Decreto 67/2007, do 22 de marzo, polo que se regula o Catálogo Galego de Árbores Senlleiras (DOG 74, de 17.04.2007).
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Olano Gurriarán, E. (2004). El tejo y el teixadal de Casaio (Ourense). Deputación de Ourense.
