Córneas, Baleira

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Coordenadas: 42°58′N 07°07′O / 42.967, -7.117

Córneas
CórneasIgrexa.jpg
Igrexa de Córneas. Vista Leste
ConcelloBaleira
Área29,09 km²
Poboación236 hab. (2013)
Densidade8,11 hab./km²
Entidades de poboación23

Santiago de Córneas é unha parroquia do concello lucense de Baleira.

Localización e características[editar | editar a fonte]

Limita coas parroquias da Esperela e Fontaneira, e cos concellos da Fonsagrada, Becerreá, Navia de Suarna e Baralla. A parroquia pertence ó arciprestado de Valdepedroso. Ten 236 habitantes, distribuídos en 23 entidades ou núcleos, cunha densidade media de 8 hab/km² no 2013. Até hai pouco tempo conservábanse pallozas en Vilagarcía, Rebedul, Vilardoi, Vilela e Albaredo.

As entidades de poboación son as seguintes: Albaredo (10), Antiguallas (14), A Azoreira (6), As Bouzas (5), Córneas (5), Escanlar (10), Fontecavada (9), Fontela (12), A Gasalla (14), Montouto (12), Paradela (5), Pereira (9), A Rasela (abandonada), Rebedul (18), A Reboleira (1), Solleiros (3), Surriba (10), Valinfolgueiro (11), Vilagarcía (22), Vilanova (7), Vilardoi (24), Vilarín de Córneas (15) e Vilela (14).

A súa altitude media é de 560 metros.

Patrimonio[editar | editar a fonte]

A igrexa parroquial de Santiago de Córneas ten planta rectangular dividida en tres naves afastadas por dúas fieiras de dúas columnas e dúas pilastras cada unha. O presbiterio é cadrado, e nun lateral acaróase a sancristía de planta rectangular. Os muros que a conforman son de cachotería e perpiaño de granito e lousa, e a cuberta de lousa a dúas e tres augas. Ao presbiterio accédese por un arco de medio punto que se asenta sobor dúas pilastras, con bóveda apuntada. O frontis ten un plano saínte na zona central, con portada de arco de medio punto, óculo e espadana de dous vaos. Sobre a portada hai unha pedra cuberta con cal coa data de erección desta, no século XVIII. Conserva no interior tres retablos, de estilo barroco coma o do altar maior.

As aldeas conservan a súa disposición tradicional. Na aldea de Antiguallas o núcleo de poboación está formado por varias casas feitas con muros de cachotería e perpiaño de granito e lousa, e cubertas do mesmo material. Son varios os hórreos e cabazos que se conservan, realizados con madeira, ramas de árbores e cuberta de palla de centeo. A aldea sitúase sobre un castro.

Lugares e parroquias[editar | editar a fonte]

Lugares de Córneas[editar | editar a fonte]

Lugares da parroquia de Córneas no concello de Baleira (Lugo)

Albaredo | Antiguallas | A Azoreira | As Bouzas | Córneas | Escanlar | Fontecavada | Fontela | A Gasalla | Montouto | Paradela | Pereira | A Rasela | Rebedul | A Reboleira | Solleiros | Surriba | Valinfolgueiro | Vilagarcía | Vilanova | Vilardoi | Vilarín de Córneas | Vilela

Parroquias de Baleira[editar | editar a fonte]

Galicia | Provincia de Lugo | Parroquias de Baleira

A Braña (San Miguel) | Córneas (Santiago) | Cubilledo (Santiago) | A Degolada (San Lourenzo) | A Esperela (San Pedro) | A Fontaneira (Santiago) | Fonteo (Santa María) | A Lastra (San Xoán) | Librán (Santa Mariña) | Martín (Santiago) | Pousada (San Lourenzo) | Retizós (Santa María Madanela)

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]